Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas para proxectos de formación en dereito europeo da competencia para xuízes e de cooperación xudicial entre xuízes nacionais no marco do Programa Xustiza Civil

Programa

PROGRAMA MARCO DE DEREITOS FUNDAMENTAIS E XUSTIZA

Obxectivo xeral

Co-financiar proxectos destinados a fomentar a cooperación xudicial e a formación de xuízes nacionais no contexto da aplicación das reglas de competencia europeas, incluindo os artigos 101 e 102 do TUE, as normas de axudas estatais e a aplicación privada destas normas, co obxectivo de contribuir ao desenrolo e á aplicación da política europea de competencia e as medidas de cooperación dentro da Unión Europea que aseguran a consistencia da política europea de competencia.

Obxectivo específico da convocatoria

Daráse prioridade aos proxectos que se centren nas temáticas seguintes:


• Asegurar a coherencia e consistencia na aplicación das reglas de competencia comunitarias incluidos los artigos 101 e 102 do TUE.


• Mellorar e apoiar a cooperación entre xuízes nacionais no ámbito do dereito europeo da competencia.


• Distribución de información acerca do derecho europeo da competencia acorde coas necesidades dos xuízes nacionais.


• Asuntos específicos como pode ser o recurso a expertos económicos en materias específicas.


• Aplicación privada das normas de competencia, especialmente o acervo comunitario relevante e a cuantificación dos danos anti-trust.


• Aplicación das reglas de axudas nacionais (artigos 107 e 108 do TUE), incluindo as accións de aplicación privada no ámbito das axudas estatais, avisos de aplicación, cooperación entre a Comisión e os tribunais nacionais.

Eidos de actuación

Os proyectos financiados serán:


• Actividades de formación para xuízes nacionais a través de conferencias, seminarios, coloquios, reunións e simposios sobre dereito europeo da competencia. As actividades poden consistir en cursos de curta ou longa duración en dereito europeo da competencia con programas de estudos para xuízes nacionais e formación para xuízes nacionais nos métodos de análise económica utilizados no dereito europeo da competencia.


• Actividades que promovan a cooperación e/ou o establecemento de contactos entre xuízes nacionais, en particular entre autoridades xudiciais u outras organizacións públicas e/ou privadas responsables de velar pola correcta aplicación do dereito europeo da competencia.


• O establecemento e/ou mantemento de bases de datos que provean información sobre dereito europeo da competencia (como, por exemplo e non exclusivamente, sentencias aplicando os artigos 101 e 102 do TUE, leis de aplicación privada ou leis de axudas estatais) e distribúan dita información por medios específicamente adaptados ás necesidades dos xuízes nacionais.

Destinatarios

Institucións, organizacións públicas ou privadas sen fins de lucro, incluindo organizacións profesionais, universidades, institutos de investigación e institutos de formación legal e xudicial para profesionais legais, organizacións internacionais e organizacións non-gubernamentais dos Estados membros.

Financiamento

O mínimo de financiación outorgado por proxecto será de 20.000 EUR e o máximo de 100.000 EUR, para cubrir como máximo un 80% dos custes elixibles.

Orzamento total da convocatoria

800.000 EUR

Duración do proxecto

Duración máxima de 24 meses.

Data de publicación

22/06/2010

Data límite de solicitude

30/09/2010

Documentación

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante