Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas para proxectos de e-Xustiza no marco do Programa Xustiza Penal

Programa

PROGRAMA MARCO DE DEREITOS FUNDAMENTAIS E XUSTIZA

Obxectivo xeral

Axudar ao desenrolo do uso de ferramentas eletrónicas no contexto da xustiza.

Obxectivo específico da convocatoria

Proporcionar ferramentas prácticas para permitir aos cidadáns europeos un mellor acceso á xustiza transfronteiriza. Contribuir a mellorar a interoperabilidade técnica, organizacional e semántica ao nivel europeo.

Eidos de actuación

Os proxectos financiados estarán dirixidos a algún destes obxectivos:


• Desenrolo de ferramentas técnicas para apoiar a tradución e interpretación.


• Apoio ao uso de ferramentas de videoconferencia no contexto transfronteirizo.


• Desenrolo de procedementos completamente dixitais, por exemplo mediante o uso de formularios dinámicos e outras funcionalidades.


• Desenrolo de rexistros nacionais con vistas a unha futura interconexión a nivel europeo a través do Portal Europeo de e-Xustiza.


• Desenrolo de ferramentas para pór en marcha procedementos da UE online.


• Desenrolo de proxectos de proba de concepto para servizos online de documentos xudiciais ou extraxudiciais.

Destinatarios

Ministerios de xustiza ou corpos e organizacións con personalidade legal establecidos nos Estados membros polos Ministerios a cargo do desenrolo da e-Xustiza a nivel nacional.

Financiamento

O mínimo de financiación outorgado por proxecto será de 100.000 EUR para cubrir como máximo un 90% dos custes elixibles.

Orzamento total da convocatoria

5.000.000 EUR

Duración do proxecto

Duración máxima de 24 meses.

Data de publicación

08/06/2010

Data límite de solicitude

04/08/2010

Documentación

Contacto

Enderezo de correo eletrónico:

JLS-JPEN@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante