Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas para proxectos transnacionais no marco do Programa Xustiza Civil

Programa

PROGRAMA MARCO DE DEREITOS FUNDAMENTAIS E XUSTIZA

Obxectivo xeral

Promover a cooperación xudicial co obxectivo de contribuir á creación dunha verdadeira Área Europea de Xustiza en cuestións civís, baseada no recoñecemento e na confianza mutuos. Promover a eliminación de obstáculos ao bo funcionamento dos procedementos civís transfronteirizos. Mellorar a vida cotiá de personas e empresas, permitíndolles facer valer os seus dereitos en toda a Unión Europea, especialmente fomentando o seu acceso á xustiza. Mellorar os contactos, os intercambios de información e o establecemento de contactos entre as autoridades legais, xudiciais e administrativas coa profesión legal, incluindo a formación xudicial como medio de apoio co obxectivo de alcanzar un mellor entendemento mutuo entre as autoridades e os profesionais.

Obxectivo específico da convocatoria

• Fomentar a cooperación xudicial en cuestións civís destinada a: asegurar a certidume legal e mellorar o acceso á xustiza; promover o recoñecemento mutuo de decisións en casos civís e comerciais; eliminar obstáculos en litigación interfronteiriza creados por disparidades nas leis e procedementos civís, promovendo a necesaria compatibilidade da lexislación para ese propósito; garantir unha correcta administración da xustiza evitando conflitos de xurisdición.


• Mellorar o coñecemento mutuo entre os sistemas legais e xudiciais en cuestións civís dos Estados membros e reforzar o establecemento de contactos, a cooperación mutua, o intercambio e a diseminación de información, experiencias e boas prácticas.


• Asegurar a sólida posta en práctica, a correcta e concreta aplicación e a avaliación dos instrumentos comúns na área da cooperación xudicial en cuestións civís e comerciais.


• Mellorar a información sobre os sistemas legais dos Estados membros e o acceso á xustiza.


• Promover a formación dos profesionais do dereito no dereito da UE.


• Avaliar as condicións xerais para reforzar a confianza mutua á vez que para respectar a independencia xudicial.


• Facilitar o funcionamento da Rede Xudicial Europea en cuestións civís e comerciais establecida na Decisión do Consello 2001/470/EC.

Eidos de actuación

Os proxectos financiados pertenecerán a algún destes catro campos:


• Proxectos dirixidos á promoción da cooperación xudicial en cuestións civís, co obxectivo de contribuir á creación dunha verdadeira Área Europea de Xustiza en cuestións civís baseada no recoñecemento e a confianza mutuos: estudos, investigacións (incluindo o desenrolo de proxectos de TICs), reunións ou seminarios, ou unha combinación destes. Os proxectos poden cubrir calquera tema na área da cooperación xudicial en materia civil.


• Proxectos destinados a promover a eliminación de obstáculos para o bo funcionamento dos procedementos civís transfronteirizos: formación, estudos e investigación, intercambios entre autoridades xudiciais e redes xudiciais de cooperación, estancias laborais, reunións e seminarios, ou unha combinación destes. Os proxectos deben centrarse en solucións prácticas para as dificultades coas que se topan na actualidade os procedementos transfronteirizos.


• Proxectos destinados a mellorar a vida cotiá de persoas e empresas, permitíndolles facer valer os seus dereitos en toda a Unión Europea e fomentando o seu acceso á xustiza: diseminación de información sobre o acceso á xustiza, desenrolo de intercambios innovadores e de boas prácticas relativas ao manexo de débedas, a mecanismos de alivio de débedas e a conciliacións entre debedores y acredores, estudos sobre criterios de calidade e sobre mecanismos de control da calidade baseados en axencias e profesionais das cobranzas, intercambios de boas prácticas.


• Proxectos destinados a mellorar os contactos, os intercambios de información e o establecemento de contactos entre las autoridades legais, xudiciais e administrativas coa profesión legal, incluindo a formación xudicial como medio de apoio co obxectivo de alcanzar un mellor entendemento mutuo entre as autoridades e os profesionais: sesións de formación sobre instrumentos e políticas europeos organizados nun Estado membro e abertos a profesionais legais de máis dun Estado membro; sesións de formación organizadas a nivel europeo por estruturas relacionadas á formación xudicial, colexios de abogados, redes académicas, etc. u organizadas ad-hoc; sesións de formación organizadas nun ou máis Estados membros utilizando módulos formativos sobre lexislación da EU desenrolados ou validados a nivel europeo para o seu uso en máis dun Estado membro; formación xudicial utilizando módulos de e-learning desenrolados ou validados a nivel europeo para o seu uso en máis dun Estado membro.

Destinatarios

Institucións e organizacións públicas ou privadas, incluindo organizacións profesionais, universidades, institutos de investigación, institutos de formación legal e xudicial para profesionais legais, organizacións internacionais e organizacións non-gubernamentais de calquera Estado membro da UE, agás Dinamarca.

Financiamento

O mínimo de financiación outorgado por proxecto será de 75.000 EUR para cubrir como máximo un 80% dos custes elixibles.

Orzamento total da convocatoria

4.250.000 EUR

Duración do proxecto

Duración máxima de 24 meses.

Data de publicación

16/06/2010

Data límite de solicitude

01/09/2010

Documentación

Contacto

Enderezo de correo eletrónico:

JLS-FRAMEWORK-CIVIL@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante