Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa específico Xustiza Civil. Proxectos específicos transnacionais

Programa

PROGRAMA MARCO DE DEREITOS FUNDAMENTAIS E XUSTIZA

Obxectivo xeral

O Programa marco de Dereitos Fundamentais E Xustiza aspira a promover o desenvolvemento dunha sociedade europea baseada na cidadanía da UE e respectuosa cos dereitos fundamentais, loitando contra o antisemitismo, o racismo e a xenofobia reforzando a sociedade civil. O programa contribuirá á instauración dunha área de liberdade, seguridade e xustiza combatendo a violencia e proporcionando información sobre prevención da drogodependencia. Así mesmo pretende promover a cooperación xudicial co obxecto de contribuír á creación dun espazo europeo de xustiza tanto en asuntos civís e mercantís como no ámbito da xustiza penal.

Obxectivo específico da convocatoria

A convocatoria 2009 céntrase na área de e-Xustiza e especialmente prioriza as solicitudes electrónicas dos novos instrumentos comunitarios.

Eidos de actuación

• Proxectos destinados a promover a cooperación xudicial en materia civil, co obxectivo de contribuír á creación dun verdadeiro espazo europeo de xustiza en cuestións de dereito civil baseado no recoñecemento e a confianza mutuos.
• Proxectos destinados a eliminar obstáculos ao bo funcionamento dos procesos civís transfronteirizos entre diferentes Estados membros.
• Proxectos dirixidos a mellorar a vida diaria de particulares e empresas, permitíndolles facer valer os seus dereitos en toda a Unión Europea, en particular en relación ao acceso á xustiza.
• Proxectos dirixidos a mellorar os contactos, o intercambio de información e a creación de redes entre as autoridades lexislativas, xudiciais e administrativas e profesionais do ámbito xurídico, incluso a través do apoio á formación xudicial, co obxectivo lograr unha mellor comprensión mutua entre as devanditas autoridades e profesionais.

Destinatarios

Institucións públicas ou privadas, incluídas organizacións profesionais, universidades, centros de investigación, Escolas de práctica xurídica ou xudicial, organizacións internacionais ou ONG, con sede nun Estado membro (a excepción de Dinamarca).

Financiamento

As subvencións outorgadas dentro do programa estarán comprendidas entre 75.000 e 500.000 euros e non poderán ser superiores ao 80% do total dos custos elixibles da acción.
Os proxectos non deben ter fins lucrativas.

Orzamento total da convocatoria

A cantidade indicativa global asignada para proxectos específicos transnacionais ascende a 4.450.000 EUR., dos cales 1.000.000 son para o cofinanciamento de proxectos cuxo obxectivo sexa mellorar a Rede Xudicial Europa en asuntos civís e comerciais.

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción non poderá ser superior a 24 meses.

Data límite de solicitude

15/10/2009

Documentación

Contacto

Pódense enviar preguntas á Comisión sobre a convocatoria, que serán respondidas nun máximo de 15 días, á seguinte dirección:
JLS-FRAMEWORK-CIVIL@ec.europa.eu

Comentarios

As datas estimativas desta convocatoria son as seguintes:
• Publicación da convocatoria: terceiro cuadrimestre 2009
• Data límite de solicitude: 15 de outubro de 2009
• Opinión do Comité do programa: cuarto cuadrimestre 2009
• Decisión da Comisión: cuarto cuadrimestre 2009
• Sinatura de acordos: primeiro cuadrimestre 2010
• Data de comezo de proxectos (como mínimo): primeiro cuadrimestre 2010

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante