Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa Xustiza Penal. Proxectos específicos nacionais e transnacionais

Programa

PROGRAMA MARCO DE DEREITOS FUNDAMENTAIS E XUSTIZA

Obxectivo xeral

O Programa Marco de Dereitos Fundamentais e Xustiza aspira a promover o desenvolvemento dunha sociedade europea baseada na cidadanía da UE e respectuosa cos dereitos fundamentais, loitando contra o antisemitismo, o racismo e a xenofobia reforzando a sociedade civil. O Programa contribuirá á instauración dunha área de liberdade, seguridade e xustiza combatendo a violencia e proporcionando información sobre prevención da drogodependencia. Así mesmo pretende promover a cooperación xudicial co obxecto de contribuír á creación dun espazo europeo de xustiza tanto en asuntos civís e mercantís, como no ámbito da xustiza penal.

Eidos de actuación

- Capacitación xudicial a través de proxectos transnacionais, cos obxectivos de:
1. Formación nos instrumentos xurídicos e as políticas da UE
2. Ensino de idiomas
3. Desenvolver unha cultura xudicial europea
- Capacitación xudicial por parte de institucións nacionais de formación
- Estudos e proxectos concretos cos seguintes obxectivos:
1. Mellorar a cooperación xudicial en materia penal
2. A mellora do coñecemento mutuo de sistemas e o intercambio de boas prácticas
- Apoio ás vítimas da delincuencia
- E-Xustiza. Área prioritaria co fin de axudar a desenvolver o uso de de ferramentas electrónicas no contexto da xustiza e sobre a base do intercambio de mellores prácticas.

Destinatarios

Institucións públicas ou privadas, incluídas organizacións profesionais, universidades, centros de investigación, Escolas de práctica xurídica ou xudicial, organizacións internacionais ou ONG, con sede nun Estado membro.

Socios

Hai proxectos nacionais ou transnacionais. En relación a estes últimos é preciso que o proxecto integre polo menos dous Estados membros ou polo menos un Estado membro e outro país, que poderá ser un Estado adherente ou un país candidato.

Financiamento

As subvencións outorgadas dentro do programa non poderán ser superiores ao 70% do total dos custos elixibles da acción.

Orzamento total da convocatoria

A cantidade indicativa global asignada ao presente convocatoria de propostas ascende a 8.900.000 EUR.

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción non poderá ser superior a 24 meses.

Data límite de solicitude

30/09/2009

Documentación

Comentarios

As datas estimativas desta convocatoria son as seguintes:
• Publicación da convocatoria: terceiro cuadrimestre 2009
• Data límite de solicitude: 15 de outubro de 2009
• Opinión do Comité do programa: cuarto cuadrimestre 2009
• Decisión da Comisión: cuarto cuadrimestre 2009
• Sinatura de acordos: primeiro cuadrimestre 2010
• Data de comezo de proxectos (como mínimo): primeiro cuadrimestre 2010

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante