Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa DAPHNE III (2007-2013). Convocatoria 2008-1.

Programa

PROGRAMA MARCO DE DEREITOS FUNDAMENTAIS E XUSTIZA

Obxectivo xeral

O programa Daphne III é un programa específico para previr e combater a violencia exercida sobre os nenos, os mozos e as mulleres e protexer ás vítimas e grupos de risco, como parte do Programa xeral ”Dereitos fundamentais e xustiza”, co fin de contribuír a instaurar un elevado nivel de protección fronte á violencia e mellorar así a protección da saúde física e mental.

Os obxectivos xerais do programa tamén contribuirán, en particular no que respecta aos nenos, os mozos e as mulleres, ao desenvolvemento das políticas comunitarias, e máis especificamente das relacionadas coa saúde pública, os dereitos humanos e a igualdade de xénero, así como de accións encamiñadas á protección dos dereitos da infancia e á loita contra a trata de persoas e a explotación sexual.

Eidos de actuación

Financiaranse:
• Accións de axuda e promoción dirixidas a organizacións non gobernamentais (ONG) e outras organizacións.
• Elaboración e execución de campañas de sensibilización dirixidas a audiencias específicas, tales como determinadas profesións, autoridades competentes, sectores concretos da poboación e grupos de risco, con vistas, por unha parte, a mellorar o coñecemento do fenómeno da violencia e a promover a tolerancia cero diante da violencia e, por outra, a fomentar o apoio ás vítimas e a denuncia dos casos de violencia diante das autoridades competentes.
• Difusión dos resultados obtidos ao abeiro dos programas Daphne e Daphne II, en particular mediante a súa adaptación, transferencia e uso por outros beneficiarios ou noutras zonas xeográficas.
• Determinación e mellora das accións que contribúen a xerar actitudes positivas fronte ás persoas expostas á violencia, en particular mediante unha formulación que fomente unha actitude de respecto para elas e promova o seu benestar e realización persoal.
• Creación de redes multidisciplinares e apoio a tales redes con vistas a fortalecer a cooperación entre as ONG e outras organizacións que traballen neste ámbito.
• Accións que garantan a compilación de máis información fáctica e a expansión da base de coñecementos, o intercambio e a difusión de información e boas prácticas, entre outras cousas mediante a investigación, a formación, visitas de estudo e o intercambio de persoal.
• Concepción e ensaio de materiais educativos e de sensibilización en relación coa prevención da violencia contra os nenos, os mozos e as mulleres, e complementariedade e adaptación do material xa dispoñible para que poida empregarse noutras zonas xeográficas ou con outros grupos de destinatarios.
• Estudo dos fenómenos relacionados coa violencia e dos seus efectos, tanto nas vítimas como na sociedade no seu conxunto, incluídos os custos sanitarios, económicos e sociais, a fin de combater as causas profundas da violencia a todos os niveis da sociedade.
• Elaboración e execución de programas de apoio ás vítimas e as persoas expostas e de programas de intervención dirixidos aos agresores, garantindo ao mesmo tempo a seguridade das vítimas, accións específicas da Comisión, como estudos e investigacións, enquisas de opinión e sondaxes.
• Proxectos transnacionais específicos de interese comunitario.
• Apoio ás actividades de ONG ou outras organizacións que persigan unha finalidade de interese europeo xeral relacionada cos obxectivos xerais do programa.

Destinatarios

Os solicitantes deben cumprir cos seguintes requisitos:
• Ser organizacións públicas ou privadas (autoridades locais, universidades, centros de investigación…) que traballen na área do programa.
• Estar establecidas nun dos 27 Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo (Islandia, Liechtenstein e Noruega)
• Deben ser entidades sen ánimo de lucro (as que non cumpran esta condición poderán participar como socios se se xustifica pola natureza da acción).

Socios

O proxecto deberá incluír, polo menos, dúas organizacións (o solicitante e un socio), de dous Estados membros diferentes da UE.
Se o solicitante/socio é dun Estado do EEE, o proxecto debe incluír ademais como mínimo, dúas organizacións procedentes de dous diferentes Estados membros da UE. Os socios deben cumprir cos mesmos requisitos que os solicitantes.

Financiamento

A contribución da Comisión para un único proxecto non pode ser menor de 75.000 euros, nin superior a 300.000 euros. A Comisión determinará o importe da axuda financeira que se concederá, sobre a base do orzamento dispoñible. A contribución financeira comunitaria non poderá superar o 80 por cento do total dos custos elixibles.

Orzamento total da convocatoria

11.944.160 euros.

Data límite de solicitude

22/04/2009

Documentación

Contacto

Para cuestións en relación ao rexistro electrónico, consultar a través de JLS-PRIAMOS-USM@ec.europa.eu

Para cuestións en relación á convocatoria JLS-DAPHNE@ec.europa.eu.
(a Comisión debe respondelas nun prazo de 15 días laborables)

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante