Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Dereitos Fundamentais e Cidadanía 2007

Programa

PROGRAMA MARCO DE DEREITOS FUNDAMENTAIS E XUSTIZA

Obxectivo xeral

Seleccionar proxectos transnacionais de interese comunitario para seren cofinanciados pola Comisión Europea no marco do programa específico de “Dereitos Fundamentais e Cidadanía” encamiñado a fortalecer a área de liberdade, seguridade e xustiza durante o período 2007 – 2013. Só os proxectos novos poderán ser susceptibles de axuda namentres que os proxectos xa en marcha non resultarán elixibles para seren cofinanciados.

Obxectivo específico da convocatoria

  • promover os dereitos fundamentais recoñecidos no artigo 6, apartado 2, do Tratado da Unión Europea e informar a tódolos cidadáns sobre os seus dereitos, incluídos os que emanan da cidadanía da Unión, co fin de alentar ós cidadáns da Unión a participar activamente na vida democrática da mesma;

  • examinar, cando sexa necesario, o respecto de dereitos fundamentais concretos na Unión Europea e os seus Estados membros ó aplicar a lexislación comunitaria, e conseguir dictames sobre cuestións específicas vinculadas ós dereitos fundamentais dentro dos devanditos límites;

  • apoiar ás organizacións non gobernamentais e demais axentes da sociedade civil co fin de aumentar a súa capacidade para participar activamente na promoción dos dereitos fundamentais, o Estado de Dereito e a democracia;

  • crear as estruturas pertinentes para promover o diálogo interconfesional e multicultural a escala da Unión Europea.

Eidos de actuación

Na presente convocatoria son catro os ámbitos prioritarios de aplicación:

  • protección dos dereitos da infancia, en particular financiando proxectos de concienciación e boas prácticas nos Estados membros enfocadas a reduci-la pobreza infantil e o número de menores desamparados ou que viven na rúa.
  • intervención activa na vida democrática da Unión promovendo actividades de educación e información que fomenten a participación dos cidadáns comunitarios nas vindeiras eleccións ó Parlamento Europeo en 2009.
  • a loita contra o racismo, a xenofobia e o antisemitismo financiando accións que fagan fronte ós estereotipos que constitúen a base de actos violentos, racistas e discriminatorios.
  • protección de datos e da privacidade promovendo actuacións (de ONGs, autoridades nacionais...) encamiñadas a informar á sociedade no tocante ós dereitos relativos á privacidade e financiando actividades de concienciación no eido de referencia.

Destinatarios

ONGs, institucións e organizacións tanto públicas como privadas, universidades, institutos de investigación, autoridades nacionais, rexionais e locais, organizacións internacionais e outras organizacións sen ánimo de lucro dos Estados membros así como dos países adherentes, países candidatos e países dos Balcáns occidentais.

Financiamento

A contía da axuda non poderá exceder do 80% dos custos elixibles e as contribucións máxima e mínima para cada proxecto serán de 500.000€ e 75.000€ respectivamente.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento máximo previsto pola Comisión Europea para o conxunto do proxecto é de 5.505.000€.

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto non poderá exceder de 18 meses.

Data límite de solicitude

05/05/2008

Documentación

Contacto

European Commission
DG Justice, Freedom and Security Unit
JLS/C/4
LX 46 07/122
B-1049 Brussels
Belgium
e-mail: JLS-FRC-PROGRAMME@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante