Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de Propostas - Prevención e loita contra a delincuencia. Tráfico de seres humanos - DELINCUENCIA

Programa

SEGURIDADE E DEFENSA DAS LIBERDADES: PREVENCIÓN E LOITA CONTRA A DELINCUENCIA

Obxectivo xeral

O programa, integrado no programa xeral ”Seguridade e defensa das libertades”, ten como fin contribuir ao reforzo do espazo de libertade, seguridade e xustiza. O programa contribuirá a garantir un elevado nivel de seguridade aos cidadáns mediante a prevención e a loita contra a delincuencia, organizada ou doutro tipo, e en particular contra o terrorismo, la trata de seres humanos, os delitos cometidos contra nenos, o tráfico de drogas, o tráfico de armas, a corrupción e o fraude.

Obxectivo específico da convocatoria

- O uso ilegal de Internet (INT).
- Delitos Financeiros e Económicos (FINEC)
- Químicos, biolóxicos, radiolóxicos e nucleares (CBRN)
- Radicalización que conduce ao terrorismo e o papel das víctimas do terrorismo na prevención da radicalización (RAD)
- Trata de Seres Humanos (THB)

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido xeográfico da Unión Europea.

Destinatarios

A convocatoria está aberta a entidades públicas de todo tipo e a calquera tipo de organización, que estean localizadas dentro das zonas de actuación.

Orzamento total da convocatoria

A previsión global de financiamento para esta convocatoria está cifrada en 5 millóns de euros.

Data de publicación

26/06/2013

Data límite de solicitude

07/10/2013

Documentación

Contacto

E-mail: isec@ec.europa.eu (correo do Programa ISEC, “Prevención e Loita contra o Crime”)

Comentarios

Existen varias datas límite para a presentación de propostas en función das diferentes áreas que abrangue a convocatoria, a saber:
- luns, 07 de outubro de 2013: Data límite para as áreas 1 e 2;
- mércores, 09 de outubro de 2013: Data límite para as áreas 3 e 4;
- xoves, 31 de outubro de 2013: Data límite de presentación para a área 5.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante