Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Prevención e xestión das consecuencias do terrorismo - SEGURIDADE

Programa

SEGURIDADE E DEFENSA DAS LIBERDADES: PREVENCIÓN E LOITA CONTRA A DELINCUENCIA

Obxectivo xeral

Contribuír ao reforzo do espazo de liberdade, seguridade e xustiza; a garantir un elevado nivel de seguridade aos cidadáns mediante a prevención e a loita contra a delincuencia, organizada ou doutro tipo, e en particular contra o terrorismo, a trata de seres humanos, os delitos cometidos contra nenos, o tráfico de drogas, o tráfico de armas, a corrupción e a fraude.

Obxectivo específico da convocatoria

- Desenvolvemento de instrumentos a escala europea, estratexias e medidas no eido da protección efectiva das infraestruturas críticas.
- Desenvolvemento dun marco común para a protección efectiva de infraestruturas críticas.
- Desenvolvemento de métodos, técnicas e instrumentos para uso operativo ou de aprendizaxe neste eido particular.
- Intercambio e diseminación de información, experiencia e boas prácticas entre os Estados membros e entre os diferentes organismos ou entidades responsables da protección das infraestruturas críticas.
- Desenvolvemento e mellora das relacións entre as autoridades públicas e o sector privado no eido cuberto polo Programa.
- Mellora do coñecemento mutuo dos sistemas de protección dos Estados membros.
- Mellora do coñecemento mutuo das capacidades dos Estados membros nas crises terroristas.
- Fortalecemento da capacidade para intercambiar boas prácticas.
- Creación de redes de contacto informais entre autoridades.
- Desenvolvemento dunha cultura de confianza e cooperación.

Eidos de actuación

Educación e formación

Destinatarios

Entidades públicas e privadas sitas nun dos Estados membros da UE.

Socios

Deben provir polo menos de dous países diferentes.

Financiamento

Ata un 90% dos custos totais admisibles.

Orzamento total da convocatoria

9.500.000€

Duración do proxecto

Ata 24 meses.

Data de publicación

23/07/2013

Data límite de solicitude

24/09/2013

Documentación

Contacto

HOME-CIPS@ec.europa.eu,

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante