Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Fondo Europeo para o Retorno 2013 - Retorno

Programa

SOLIDARIEDADE E XESTIÓN DOS FLUXOS MIGRATORIOS: FONDO PARA O RETORNO

Obxectivo xeral

Apoiar os esforzos realizados polos Estados membros para mellorar a xestión do retorno en todas as súas dimensións a través do uso do concepto de xestión integrada e do establecemento de accións conxuntas que deben aplicar os Estados membros en virtude do principio de solidariedade, tendo en conta a lexislación da Unión Europea e a plena protección dos dereitos fundamentais.

Obxectivo específico da convocatoria

Os proxectos financiaranse nas seguintes categorías:
Categoría 1: Seguimento das operacións de retorno forzoso
Categoría 2: As medidas de reintegración que acompañan ao retorno
Categoría 3: O despregamento de coordinadores. Mellora da cooperación con terceiros países
Categoría 4: Intercambio de coñecementos, experiencias e boas prácticas sobre a Directiva de Retorno e a súa xurisprudencia entre os profesionais da xustiza e os xuíces.
Categoría 5: Outras formas de cooperación e intercambio de boas prácticas relacionadas co retorno

Eidos de actuación

Axuda humanitaria

Destinatarios

Autoridades públicas dos Estados membros da UE (excepto Dinamarca), e organizacións internacionais e ONG, sen ánimo de lucro, que teñan experiencia contrastable na área da convocatoria.

Socios

O proxecto debe contar con polo menos un socio dun Estado membro diferente.

Financiamento

Ata o 90% dos custos totais admisibles, cun mínimo de 100.000€

Orzamento total da convocatoria

4.485.000ۼ

Duración do proxecto

Ata un máximo de 24 meses.

Data de publicación

16/07/2013

Documentación

Contacto

HOME-RETURN-FUND@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante