Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Accións comunitarias do Fondo para Refuxiados: HOME/2011/CFP/ERFX/CA

Programa

SOLIDARIEDADE E XESTIÓN DOS FLUXOS MIGRATORIOS: FONDO PARA REFUXIADOS

Obxectivo xeral

Apoiar e impulsar os esforzos dos Estados membros en materia de acollida, e na asunción das consecuencias da recepción de refuxiados e persoas desplazadas, tendo en conta a lexislación da UE na materia.

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria ten como obxectivo cofinanciar as propostas para levar a cabo actividades cubertas polo Programa Anual de Accións Comunitarias 2011, que foi adoptado o 24 de xuño de 2011.

Eidos de actuación

Prioridade 1: Mellorar a calidade das decisións sobre asilo e o continuo desenvolvemento da capacidade dos interesados​​, incluidas as autoridades do Estado membro, ACNUR e os actores non gubernamentais, en materia de asilo.

Prioridade 2: Mellorar a eficiencia e a equidade do sistema de Dublín.

Prioridade 3: Mellorar os mecanismos de solidariedade entre os Estados membros e, en particular, axudar a éstos a que se enfrenten a presións particulares non seus sistemas nacionais de asilo.

Prioridade 4: Promoción de medidas comúns para facer fronte ás necesidades específicas dos grupos vulnerables entre os solicitantes de asilo e as persoas beneficiarias de protección internacional, en particular de aqueles que son menores non acompañados, co fin de implementar o Plan de Acción da UE sobre menores non acompañados.

Prioridade 5: Promover a integración dos refuxiados, tendo en conta o 60 aniversario da Convención de Xenebra de 1951 sobre os Refuxiados.

Destinatarios

Administracións nacionais, rexionais e locais, ONG´s, entidades públicas ou privadas, departamentos universitarios, centros de investigación e organizacións internacionais, rexistradas nalgún dos 26 Estados membros que participan no Fondo Europeo de Refuxiados (tódolos Estados membros da UE, agás Dinamarca) Non obstante, para as accións relativas á Prioridade 3 debe presentar a candidatura unha administración nacional ( un ministerio ou axencia nacional) ou ACNUR.

Socios

As accións deben ser levadas a cabo a través dun consorcio, xa que se debe de tratar de proxectos transnacionales, polo que o consorcio debe incluir alomenos 2 organizacións (o líder e outro socio) que deberán estar rexistradas nalgún dos 26 Estados membros participantes no Fondo Europeo de Refuxiados, e ser de alomenos 2 Estados diferentes.

Financiamento

A contribución financeira da UE non excederá do 90% dos custes totais elexibles; o 10% restante poderá ser financiado polo consorcio ou a través doutras fontes de financiación.

A financiación da UE será alomenos de 300.000 EUR para tódolos aplicantes, e non excederá de 2.000.000 EUR no caso de que o aplicante sexa unha Adminsitración nacional ou ACNUR; e non excederá de 750.000 EUR nos demáis casos.

Orzamento total da convocatoria

3.642.261,64 EUR

Duración do proxecto

A duración inicial das accións propostas non excederá de 18 meses.

Data de publicación

26/07/2011

Data límite de solicitude

14/10/2011

Documentación

Contacto

Email: HOME-REFUGEE-FUND@ec.europa.eu
Par cuestiones relativas al funcioamiento de PRIAMOS, Email: HOME-JUST-PRIAMOS-USM@ec.europa.eu.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante