Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de subvencións para programas financiados polo Fondo Europeo para os refuxiados e polo Fondo Social Europeo no exercizo 2011

Programa

SOLIDARIEDADE E XESTIÓN DOS FLUXOS MIGRATORIOS: FONDO PARA REFUXIADOS

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral da presente Convocatoria, que consiste en impulsar as accións dirixidas a acoller e integrar a persoas refuxiadas, apátridas, solicitantes de asilo, con protección subsidiaria, con protección temporal e reasentados, enmárcase dentro da estratexia europea neste eido, de conformidade coa lexislación comunitaria.

Eidos de actuación

Los programas financiados polo Fondo Europeo para os Refuxiados estarán relacionados coas condicións de acollida; coa integración; co reforzo da capacidade de desenvolvemento, supervisión e avaliación de políticas de asilo en España.

Destinatarios

Estas subvencións teñen como destinatarios:

  • Persoas recoñecidas como refuxiadas ou apátridas
  • Persoas con estatuto reconocido de protección subsidiaria
  • Solicitantes de asilo ou de protección subsidiaria
  • Persoas acollidas a un réxime de protección temporal
  • Persoas que foron ou están sendo reasentadas

Financiamento

O cofinanciamento comunitario do Fondo Europeo para os Refuxiados poderá acadar o 75% do custo dos proxectos (as porcentaxes de cofinanciamento do Fondo Social Europeo para as rexións converxencia poderán chegar ao 80%).

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria ascende a 540.820 euros

Duración do proxecto

O prazo de execución dos programas subvencionados será do 1 de setembro de 2011 ao 31 de decembro de 2012.

Data de publicación

15/06/2011

Data límite de solicitude

15/07/2011

Documentación

Contacto

Estrella Rodríguez Pardo
C/ José Abascal, 39-1ª Planta
28003 MADRID
Tel.: 91 363 16 23
Fax: 91363 70 57

Comentarios

Poderá atopar unha lista detallada dos programas subvencionables no documento de Convocatoria adxunto.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante