Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Fondo Europeo para os Refuxiados III - Convocatoria 2010

Programa

SOLIDARIEDADE E XESTIÓN DOS FLUXOS MIGRATORIOS: FONDO PARA REFUXIADOS

Obxectivo xeral

Apoiar e fomentar os esforzos realizados por parte dos Estados membros na recepción de refuxiados e desprazados, tendo en conta a lexislación europea nesas cuestións.

Obxectivo específico da convocatoria

Entre os obxectivos atópanse:

• Mellorar a calidade do proceso de decisión sobre o outorgamento de asilo e o desenrolo continuo de capacidade entre as partes implicadas, incluíndo a autoridades dos Estados membros, ao Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados e/ou a actores non gubernamentais.

• Mellorar a eficiencia e a imparcialidade do sistema de Dublín.

• Mellorar os mecanismos de solidariedade entre os Estados membros, asistiendo en particular a aqueles cuxos sistemas nacionais de asilo afrontan presións particulares.

• Promover boas prácticas e novos desenrolos no eido do reasentamento en Estados membros da UE.

• Promover medidas comúns dirixidas a grupos especialmente vulnerables entre as persoas solicitantes de asilo e entre aquelas que se benefician de proteción internacional -en especial os menores non acompañados.

Eidos de actuación

Intercambios de información e de boas prácticas; desenrollo de boas prácticas e de abordaxes comúns.

Destinatarios

Autoridades nacionais, rexionais ou locais, universidades -incluindo centros de investigación-, organizacións non gubernamentais rexistradas en calquera dos 26 Estados membros que participan do Fondo Europeo para Refuxiados e sen fins de lucro, organizacións internacionais con experiencia comprobable nos ámbitos da convocatoria e tendo en conta as súas respectivas competencias institucionais.

Financiamento

O monto solicitado non poderá superar o 90% do total de custes elixibles. O monto total por proxecto será de EUR 1.000.000 para proxectos de axencias nacionais do ACNUR e de EUR 500.000 para outras entidades aplicantes. O monto mínimo será de EUR 200.000 para todos os casos.

Orzamento total da convocatoria

EUR 3.600.000

Duración do proxecto

A duración máxima por proxecto será de 18 meses.

Data de publicación

14/10/2010

Data límite de solicitude

14/12/2010

Documentación

Contacto

Comisión Europea - Dirección Xeral de Asuntos de Interior
Unidad B-4 - ERF
LX 46 2/126,
BE-1049 Bruxelas - Bélxica

Fax: +32 (2)298 03 06

Correo eletrónico: HOME-REFUGEE-FUND@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante