Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatorias de axudas económicas para o funcionamento dunha organización de consumidores a nivel da Unión - CONS-EUORG-2014

Programa

PROGRAMA DE CONSUMIDORES

Obxectivo xeral

A convocatoria ten por obxecto proporcionar subvencións para o funcionamento dunha organización de consumidores a nivel da Unión co obxectivo de mellorar a educación, a información e sensibilización dos consumidores.

Esta subvención de funcionamento cubrirá parte dos gastos de explotación normais dunha entidade sen ánimo de lucro independente, e que teña como obxectivos e actividades primordiais o fomento e a protección da saúde, a seguridade, os intereses económicos e xurídicos dos consumidores na Unión.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxecto desta convocatoria é dobre:

• Establecer convenios marco de cooperación (FPA) para a duración dun máximo de catro anos - que cobren os anos de operación 2015, 2016, 2017 e 2018 co fin de establecer unha cooperación a longo prazo (asociación) entre a entidade adxudicadora e o socio seleccionado.

• Establecer convenios de subvención (SGA) coa organización seleccionada co fin de cofinanciar o funcionamento da súa organización para o ano 2015 (1 xaneiro 2015-31 decembro 2015).

Destinatarios

As subvencións concederanse a organizacións no gobernamentais sen ánimo de lucro, independentes de intereses industriais, comerciais e empresariais ou doutros intereses en conflito, co fin de mellorar a educación, a información e sensibilización dos consumidores.

Só poderán participar as organizacións europeas con mandato de representar os intereses dos consumidores a escala da Unión outorgado por organizacións en polo menos a metade dos Estados membros.

Financiamento

As subvencións para o funcionamento de organizacións de consumidores a escala da Unión non excederán do 50% dos custos subvencionables.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas para 2015 é de 1.400.000 euros.

Data de publicación

08/08/2014

Data límite de solicitude

14/10/2014

Documentación

Contacto

Servizo de asistencia Programa de Consumidores:

CHAFEA-CP-CALLS@ec.europa.eu

Comentarios

A solicitude enviarase electronicamente a través da seguinte páxina web:

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/opportunities/cons/topics/cons-euorg-01-2014.html#tab3

O solicitante debe presentar unha solicitude dun Acordo Marco de Asociación (FPA) para 2015-2018 e un acordo específico de subvención (SGA) para o 2015, ao mesmo tempo.

Os candidatos seleccionados asinarán un FPA para unha duración de catro anos (2015-2018). O FPA incluirá un programa de traballo plurianual para o período 2015-2018. A firma dun FPA non garante o cofinanciamento anual.

Posteriormente, avaliaranse as propostas de SGA dos candidatos que asinasen un FPA. A proposta SGA mellor clasificada obterá financiamento para o funcionamento da súa organización para o 2015. Este proceso de avaliación / convite SGA repetirase para os anos 2016, 2017 e 2018.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante