Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de Propostas - Acción Común - Directiva sobre seguridade xeral de produtos - CONS-GPSD-2014

Programa

PROGRAMA DE CONSUMIDORES

Obxectivo xeral

A presente convocatoria de propostas refírese aos mecanismos de financiamento para accións conxuntas específicas entre as autoridades nacionais encargadas da aplicación das leis de protección ao consumidor, no marco da Primeira Acción obxectivo 2 do Programa de Consumidores 2014-2020: ”A coordinación da vixilancia do mercado e as accións de aplicación sobre a seguridade do produto en relación coa Directiva 2001/95 / CE, e accións para mellorar a seguridade dos servizos ao consumidor”.

Eidos de actuación

As accións conxuntas poderán cubrir un ou varios dos seguintes aspectos das actividades de cooperación transfronteiriza administrativas relacionadas coa vixilancia e o cumprimento dos requisitos de seguridade da Unión Europea para os produtos de consumo non alimentarios:

• Probas de produtos;
• Operacións de vixilancia do mercado;
• Intercambio de coñecementos e o desenvolvemento e o intercambio de mellores prácticas relativas á avaliación de riscos, probas de produtos e vixilancia do mercado;
• Reunións e talleres incluídos no proxecto.

En particular, as accións conxuntas poderán cubrir a execución de actividades conxuntas ou coordinadas, o intercambio de información, o desenvolvemento de métodos comúns, protocolos e listas de control, e o traballo de desenvolvemento de bases de datos.

Destinatarios

Poden optar ás subvencións as autoridades notificadas á Comisión de conformidade coa Directiva 2001/95 / CE por un Estado membro ou por un terceiro país dos indicados no artigo 7 do programa Consumidores 2014-2020, ou entidades sen ánimo de lucro expresamente designadas por estas autoridades para tal fin.

A solicitude de subvención é elixible se son presentadas por:

- Persoas xurídica, ou
- Entidades que non teñan personalidade xurídica en virtude do Dereito nacional aplicable, sempre que os seus representantes teñan capacidade para contraer obrigas xurídicas en nome da entidade e para ofrecer garantías para a protección dos intereses financeiros da Unión equivalentes aos ofrecidos polas persoas xurídicas.

Na solicitude farase constar a natureza xurídica do solicitante.

Socios

A aplicación efectiva da Directiva 2001/95/CE relativa á seguridade xeral dos produtos verase reforzada se un gran número de organismos de distintos Estados membros están involucrados na acción. Polo tanto, os proxectos que impliquen un gran número de Estados membros considéranse de interese excepcional.

Financiamento

A contribución da Unión será, en principio, do 50% e en ningún caso superior ao 70% do custo total da acción.

As contribucións financeiras de máis do 50% e ata o 70% están permitidas para as accións conxuntas que impliquen polo menos dez Estados membros e os países da AELC / EEA que participan na rede europea das autoridades competentes dos Estados membros para a seguridade dos produtos, contemplada no artigo 10 da Directiva 2001/95 / CE. Así mesmo, tamén se permitiría en caso de contribuír á execución das actividades de vixilancia do mercado no campo da seguridade dos produtos de consumo que se tivesen previsto nun acto xurídico da Unión.

Orzamento total da convocatoria

A previsión de financiamento comunitario dispoñible para a convocatoria de propostas é de 2.000.000 euros.

Duración do proxecto

A duración máxima do proxecto será de 36 meses.

Data de publicación

18/07/2014

Data límite de solicitude

07/10/2014

Documentación

Contacto

Servizo de asistencia Programa de Consumidores:

CHAFEA-CP-CALLS@ec.europa.eu

Comentarios

A solicitude enviarase electronicamente a través da seguinte páxina web:

http://ec.europa.eu/research/participants/portal/desktop/en/opportunities/cons/topics/cons-gpsd-01-2014.html#tab3

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante