Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Cooperación entre as autoridades nacionais encargadas da evaluación, vixilancia do mercado e da aplicación da seguridade en produtos e servizos non alimenticios – EAHC/2013/CP7GPSD-JA

Programa

PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA NO EIDO DA POLÍTICA DE CONSUMO

Obxectivo xeral

1- Garantir un nivel axeitado de protección dos consumidores, en particular mellorando a documentación obxectiva, a consulta e a representación dos intereses dos consumidores.
2- Garantir a aplicación efectiva das normas de protección ao consumidor, en particular, a través da cooperación, da información, da educación, e da reparación.

Obxectivo específico da convocatoria

En referencia aos mecanismos de financiamento para a articulación específica de accións entre as autoridades nacionais encargadas da execución das leis de protección dos consumidores, no marco do obxectivo II do Programa de acción comunitaria no ámbito da política dos consumidores, Acción 8.1 e Acción 8.2. Precísaxe que a Acción 8 do Programa de acción comunitaria no ámbito da política dos consumidores está referida ás accións para mellorar a aplicación efectiva da lexislación comunitaria en materia de protección dos consumidores, incluíndo seguimiento e evaluación da seguridade dos produtos e servizcs non alimenticios, o fortalecemento, a ampliación do ámbito e o funcionamiento do sistema Rapex, sistema de alerta. Ademais terase en conta a evolución do intercambio de información sobre a vixilancia do mercado e o desenvolvemento da rede de seguridade de consumidores de produtos.

Eidos de actuación

Unión Europea (UE), Espazo Económico Europeo (EEE), países candidatos, Asociación Europea de Libre Comercio (AELC).

Destinatarios

Entidades legalmente constituidas e localizadas nalgunha das zonas de actuación de calquera dos seguintes tipos:
- Calquera tipo de organización.

Financiamento

As accións do socio principal poderán ser co-financiadas ata o 70% dos custos totais elixibles.
Poderán ser co-financiadas, cunha taxa entre o 50 e o 70% dos custos totais elixibles, as accións conxuntas de 10 ou máis estados membros, onde participen organismos de polo menos 3 deles.

Orzamento total da convocatoria

Orzamento Global: 1.800.000 euros.

Data de publicación

16/04/2013

Data límite de solicitude

25/06/2013

Documentación

Contacto

EAHC - Unidade de consumidores e seguridade alimentaria
Consultas:
EAHC-CP-CALLS@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante