Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

SANCO 2012/10293 - Proxecto piloto sobre Rede Europea para o Benestar dos Animais

Programa

PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA NO EIDO DA SAÚDE PÚBLICA

Obxectivo xeral

A presente convocatoria de propostas ten como obxectivo experimentar a viabilidade e a utilidade dunha rede de recursos técnicos para axudar ás autoridades competentes e as partes interesadas a mellorar a aplicación da lexislación da UE en materia de benestar dos animais a través de estratexias baseadas no coñecemento (en concreto, asistencia técnica, innovación, difusión de investigacións científicas, investigación aplicada e educación e formación profesionais).

Eidos de actuación

O proxecto deberá crear unha rede de institucións que posúan coñecementos recoñecidos en materia de benestar dos animais. En primeiro lugar, deberán establecerse uns obxectivos claros e mensurables en relación coa aplicación da lexislación da UE, en segundo lugar, deberán desenvolverse estratexias de coñecemento para facer fronte ás dificultades que xurdan e, en terceiro lugar, deberán notificarse e avaliarse ao final da acción as medidas tomadas co fin de determinar as estratexias que sexan máis eficientes e/ou efectivas para alcanzar os obxectivos.

Destinatarios

Os candidatos deberán estar establecidos legalmente nun dos Estados membros da UE e deberán ser institucións de propiedade pública, organizacións sen ánimo de lucro, organizacións parcialmente financiadas ou recoñecidas por institucións públicas pola súa contribución ao interese público ou ben organizacións representativas dun sector económico afectado a nivel europeo, nacional ou rexional.

Os candidatos deberán presentar probas dos seus coñecementos e a súa experiencia nos ámbitos pertinentes e, en particular, en investigación fundamental ou aplicada, ou ben en educación profesional sobre o benestar dos animais.

Financiamento

A porcentaxe máxima de cofinanciación que dependerá do Estado membro no que estea
rexistrado o beneficiario. A porcentaxe máxima de cofinanciación oscilará entre o 85 % para
Bulgaria e Romanía, o 75 % para Chequia, Estonia, Grecia, Chipre, Hungría, Malta, Polonia,
Portugal, Eslovenia e Eslovaquia, e o 50 % para os demais Estados membros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total desta convocatoria é de 1 millón de euros.

Duración do proxecto

A duración das actividades non poden superar os 12 meses.

Data de publicación

20/03/2012

Data límite de solicitude

22/06/2012

Documentación

Contacto

Si tiene preguntas, póngase en contacto con
SANCO-CONSULT-G3@ec.europa.eu
con la referencia ”convocatoria de propuestas DG SANCO 2012/10293”.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante