Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EAHC/2012/CP/GPSD-JA - Cooperación entre as autoridades nacionais encargadas da avaliación, vixilancia do mercado e a aplicación da seguridade en produtos e servizos non alimenticios

Programa

PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA NO EIDO DA SAÚDE PÚBLICA

Obxectivo xeral

O Programa de acción comunitaria no ámbito da política dos consumidores ten por obxecto complementar, apoiar e supervisar as políticas dos Estados membros e contribuír á protección da saúde, a seguridade e os intereses económicos e xurídicos dos consumidores, así como promover os seus dereitos á información, á educación e a organizarse para salvagardar os seus intereses. Os seus obxectivos son:

- Garantir un nivel adecuado de protección dos consumidores, en particular mellorando a documentación obxectiva, a consulta e a representación dos intereses dos consumidores;
- Garantir a aplicación efectiva das normas de protección ao consumidor, en particular, a través da cooperación, a información, a educación e a reparación.

Concretamente, a presente convocatoria refírese a accións específicas conxuntas na área da seguridade dos produtos e servizos de consumo non alimenticios, conforme á Directiva 2001/95/CE.

Eidos de actuación

A presente convocatoria de propostas refírese aos mecanismos de financiamento para a articulación específica de accións entre as autoridades nacionais encargadas da execución das leis de protección dos consumidores, no marco do obxectivo II do Programa de acción comunitaria no ámbito da política dos consumidores: Acción 8.2.

A Acción 8 do Programa de acción comunitaria no ámbito da política dos consumidores refírese a:

- Accións para mellorar a aplicación efectiva da lexislación comunitaria en materia de protección dos consumidores, en particular, a Directiva 2001/95/CE do Parlamento Europeo e do Consello de 3 de decembro de 2001, sobre seguridade xeral dos produtos e o Regulamento (CE) nº 2006/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de outubro de 2004, sobre cooperación entre as autoridades nacionais encargadas da execución das leis de protección dos consumidores (...) incluíndo:

8.2: Seguimento e avaliación da seguridade dos produtos e servizos non alimenticios, incluíndo o fortalecemento e a ampliación do ámbito e o funcionamento do sistema RAPEX, sistema de alerta, tendo en conta a evolución do intercambio de información sobre vixilancia do mercado, e o desenvolvemento da rede de seguridade dos consumidores de produtos tal e como se prevé na Directiva 2001/95/CE

Destinatarios

A presente convocatoria esta destinada a todos aqueles organismos públicos ou privados que traballan con produtos e/ou servizos non alimenticios dentro da Unión Europea. Poden participar tamén países asociados: EFTA e EEA.

Socios

Financiarase actividades conxuntas entre as autoridades nacionais e entes públicos ou privados. Necesítanse un mínimo de 5 socios dun mínimo de 3 estados membros. Para mayior cofinanciación necesítanse un mínimo de 10 socios dun mínimo de 3 estados membros e un deles ten que ser de adhesión posterior a 2004.

Financiamento

A cofinanciación comunitaria ascende a 50% ou 70% dos gastos elexibles segundo número de socios e a tipoloxía destes.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da convocatoria é de 1,5 millóns de euros.

Data de publicación

20/02/2012

Data límite de solicitude

01/06/2012

Documentación

Contacto

Para máis información envíen un correo a:
EAHC-CP-CALLS@ec.europa.eu

Comentarios

Atención: a data límite desta convocatoria é o 1 de Xuño 2012, pero a data límite para enviar a pre-convocatoria é o 1 de Abril 2012. Consulten atentamente o texto da convocatoria.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante