Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria 2012 de propostas de accións conxuntas no marco do segundo programa de acción comunitaria no ámbito da saúde

Programa

PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA NO EIDO DA SAÚDE PÚBLICA

Obxectivo específico da convocatoria

As accións conxuntas permiten as autoridades competentes dos Estados membros e de outros países participantes no Programa de Saúde e á Comisión Europea progresar no seu traballo ao redor de cuestións comúns. As entidades públicas ou organismos non gubernamentais poderán tomar parte nunha acción conxunta na que participe o Estado membro, ou outro país participante no Programa, no que teñan a súa sede, pero para isto terán que ter recibido un mandato expreso das autoridades do Estado membro ou do país participante de que se trate.

Eidos de actuación

Financiaranse accións conxuntas nos seguintes eidos:

  • Repercusións sobre o transporte marítimo das ameazas para a saúde debidas a axentes biolóxicos, químicos e radiolóxicos, incluidas as enfermedades transmisibles.
  • Mellorar a prevención do VIH en Europa.
  • Facilitar a colaboración en materia de doazón de órganos entre as autoridades nacionais da UE.
  • Pronosticar as necesidades de man de obra sanitaria para unha planificación eficaz na UE.
  • Saúde e benestar mentais.

Destinatarios

Organizacións sen ánimo de lucro, organizacións non gubernamentais, entidades públicas e universidades que sexan nacionais dun Estado membro, dun país candidato, de países do Espazo Económico Europeo ou de terceiros países.

Financiamento

As accións seleccionadas poderán recibir unha contribución da Comunidade ata un máximo do 50 % do total dos custos elixibles. Nos casos en que as accións sexan de especial utilidade, esta porcentaxe poderá aumentar ata o 70%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria será de 8.95 millóns de euros.

Data de publicación

08/12/2011

Data límite de solicitude

09/03/2012

Documentación

Contacto

European Commission
CALL FOR PROPOSALS “HEALTH – 2012”
JOINT ACTIONS
Bâtiment Jean Monnet
Rue Alcide de Gasperi
L-2920 LUXEMBOURG

Tel: +352 4301 37707
EAHC-PHP-CALLS@ec.europa.eu

Procuras de Socios

A Escola no mercado

Procura de Socios: Apoio á Asociación Europea da Innovación para un envellecemento activo e saudable: a) capital semente para proxectos piloto de intercambio de prestacións de atención sanitaria- Inglaterra

Procura de socios: Comunidades Locais que inclúan iniciativas de base nas escolas para previr o sobrepeso e a obesidade entre os nenos e adolescentes - Luton (Leste de Inglaterra)

Convocatoria de propostas 2012: II Programa de Acción Comunitaria no eido da Saúde (2008-2013) - España

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante