Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria 2011 de financiamento no marco do segundo programa de acción comunitaria no eido da saúde.

Programa

PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA NO EIDO DA SAÚDE PÚBLICA

Obxectivo xeral

Contribuir o aumento da solidariedade e a prosperidade na Unión Europea, protexendo e promovendo a saúde e a seguridade das persoas e mellorando a saúde pública.
1) mellorar a seguridade sanitaria dos ciudadáns;
2) promover a saúde, incluida a reducción das desigualdades na materia de saúde;
3) xerar e difundir información e coñecementos sobre a saúde.

Obxectivo específico da convocatoria

1) mellorar a seguridade sanitaria dos ciudadáns;
2) promover a saúde, incluida a reducción das desigualdades na materia de saúde;
3) xerar e difundir información e coñecementos sobre a saúde.

Eidos de actuación

O plan de traballo de 2011 céntrase nestes cinco eidos principais: información e asesoramiento en materia de saúde; enfermidades; factores determinantes da saúde; sistemas sanitarios; e lexislación sobre productos e sustancias.

Destinatarios

Organismos públicos, organizacións non gubernamentais ou redes especializadas de organismos sen ánimo de lucro dependendo de cada caso, de Estados membros da Unión Europea e terceiros países.
Os países da AELC e o EEE, Islandia, Liechtenstein e Noruega participan no Programa conforme ás condicións establecidas no Acordo sobre o EEE. Outros terceiros países, en particular os da política europea de veciñanza, os países solicitantes, candidatos ou adherentes, e os países dos Balcáns Occidentais incluidos no proceso de estabilización e asociación, poden participar no Programa, a condición de que celebraran os acordos necesarios. De estes terceiros países, Croacia concluiu os acordos correspondentes e participa no Programa.

Financiamento

- O importe indicativo total para subvencións de proxectos estimase en 4.650.000 EUR. O cálculo baséase nos custes admisibles afrontados. A porcentaxe máxima de cofinanciamento da UE elévase ao 60 %, podendo aumentar ata o 80 % se unha proposta cumpre os criterios de utilidade excepcional.
- O importe indicativo total para subvencións de funcionamiento estímase en 4.000.000 EUR. O cálculo básease nos custes admisibles afrontados. A porcentaxe máxima de cofinanciamento da UE elévase ao 60 %, podendo aumentar ata o 80 % se unha proposta cumpre os criterios de utilidad excepcional.
- O importe indicativo total destinado ás subvencións para accións conxuntas estímase en 17.040.000 EUR. A porcentaxe máxima de cofinanciamento da UE elévase ao 50 %, podendo aumentar ata o 70 % en casos de utilidade excepcional.
- O importe indicativo total para conferencias será de 800.000 EUR: 200.000 EUR para conferencias da Presidencia e 600.000 EUR para outras conferencias. A porcentaxe máxima de cofinanciamento da UE será do 50 % dos custes admisibles afrontados.
- O importe indicativo total para subvenciones directas estÍmase en 3.200.000 EUR.
- O importe indicativo total para a adxudicación de contratos estímase en 17.753.028 EUR.
- O importe indicativo total destinado a outras accións estímase en 870.000 EUR.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total é de 49.751.348 EUR, que se financiarán a partir das seguintes liñas orzamentarias do orzamento xeral da Unión Europea correspondente a 2011:
— Liña orzamentaria de «Acción da UE no eido da saúde»: 47.060.000 EUR
— Liña orzamentaria de «Gastos de xestión administrativa»: 1.400.000 EUR
Ao que se suman as contribucións estimadas dos países da AELC e o EEE e de Croacia para a súa participación no Programa de Saúde:
— Países da AELC e do EEE: 1.153.348 EUR
— Croacia: 138.000 EUR.

Data de publicación

03/03/2011

Data límite de solicitude

27/05/2011

Documentación

Contacto

COMISIÓN EUROPEA
DG Sanidad y Protección de los Consumidores
B-1049 Bruselas

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante