Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria 2010 de subvencións de funcionamento no marco do segundo programa de acción comunitaria no ámbito da saúde.

Programa

PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA NO EIDO DA SAÚDE PÚBLICA

Obxectivo xeral

Unha mellora da seguridade sanitaria dos ciudadáns, así como a promoción dunha saúde que teña en conta a redución das desigualdades existentes, xerando e difundindo á vez información e coñecementos.

Obxectivo específico da convocatoria

Complementar, apoiar e engadir valor ás iniciativas aportadas dende os Estados membros. Financiaranse o funcionamento de organizacións non gubernamentais ou os custes asociados coa cordinación dunha rede especializada por parte dunha entidade sen fines de lucro.

Eidos de actuación

As prioridades para a convocatoria 2010 son os tres campos de acción en torno a:

• a promoción dun envellecemento saudable ao longo da vida;
• a loita contra as ameazas á saúde; e
• o apoio a sistemas dinámicos e innovadores de saúde.

Así mesmo, téñense en conta os temas do programa multi-anual de traballo do Grupo de Traballo de alto nivel do Consello sobre Saúde Pública de maio do 2009, a saber:

• A saúde é o tesouro máis preciado: a relación entre unha poboación sana e a productividade e a prosperidade económica;
• Calidade da atención sanitaria e da seguridade dos pacientes;
• Sostibilidade dos sistemas sanitarios ante retos tales como os do envellecemento da poboación;
• Desigualdades sanitarias dentro e entre os Estados membros;
• Seguridade sanitaria: vixiancia e reacción ás ameazas sanitarias;
• A saúde no mundo;
• O cambio climático;
• Información sobre a saúde a escala da UE; e
• Tecnoloxías da información e a comunicación.

Os aspectos de xénero e os grupos vulnerables deberán ser tidos en conta segundo proceda.

Destinatarios

Organizacións non gubernalmentais e redes especializadas (unha rede especializada é unha rede europea que representa a entidades sen ánimo de lucro activas nos Estados membros ou en países que participan no segundo Programa de Salud e que promoven principios e políticas coherentes cos obxectivos do programa, que teñen un historial importante de logros conxuntos e normas de colaboración establecidas).

Financiamento

O apoio financeiro non superará o 60 % dos gastos relacionados coa realización das actividades subvencionables. En casos excepcionais, a contribución pode chegar ata o 80%.

Orzamento total da convocatoria

2.000.000 EUR

Data límite de solicitude

19/03/2010

Documentación

Contacto

Executive Agency for Health and Consumers
12, rue Guillaume Kroll
L-1882 Luxembourg

Enderezo postal:
Executive Agency for Health and Consumers
DRB A3/042
L-2920 Luxembourg

E-mail: eahc@ec.europa.eu
Phone: +352-4301-32015
Fax: +352-4301-30359

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante