Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria 2010 de propostas de accións conxuntas no marco do segundo programa de acción comunitaria no ámbito da saúde

Programa

PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA NO EIDO DA SAÚDE PÚBLICA

Obxectivo xeral

Unha mellora da seguridade sanitaria dos ciudadáns, así como a promoción dunha saúde que teña en conta a redución das desigualdades existentes, xerando e difundindo á vez información e coñecementos.

Obxectivo específico da convocatoria

Complementar, apoiar e engadir valor ás iniciativas aportadas polos Estados membros. Financiaranse accións conxuntas de saúde pública que aporten un elevado nivel engadido europeo, sexan de natureza innovadora e inclúan, de ser pertinente, información sobre cómo contemplan a perspectiva de xénero e as desigualdades en materia de saúde.

Eidos de actuación

As prioridades para a convocatoria 2010 son os tres campos de acción en torno a:

• a promoción dun envellecemento saudable ao longo da vida;
• a loita contra as ameazas á saúde; e
• o apoio a sistemas dinámicos e innovadores de saúde.

Así mesmo, téñense en conta os temas do programa multi-anual de traballo do Grupo de Traballo de alto nivel do Consello sobre Saúde Pública de maio do 2009, a saber:

• A saúde é o tesouro máis preciado: a relación entre unha poboación sana e a productividade e a prosperidade económica;
• Calidade da atención sanitaria e da seguridade dos pacientes;
• Sostibilidade dos sistemas sanitarios ante retos tales como os do envellecemento da poboación;
• Desigualdades sanitarias dentro e entre os Estados membros;
• Seguridade sanitaria: vixiancia e reacción ás ameazas sanitarias;
• A saúde no mundo;
• O cambio climático;
• Información sobre a saúde a escala da UE; e
• Tecnoloxías da información e a comunicación.

Os aspectos de xénero e os grupos vulnerables deberán ser tidos en conta segundo proceda.

Destinatarios

As contribucións comunitarias únicamente poderán concederse a un organismo público ou sen ánimo de lucro designado polo Estado membro ou a autoridade competente correspondente.

Financiamento

As accións seleccionadas poderán recibir unha contribución da Comunidade ata un máximo do 50 % do total dos custos elixibles. Nos casos en que as accións sexan de especial utilidade, esta porcentaxe poderá aumentar ata o 70%. Será a autoridade pertinente quen determinará en cada caso a porcentaxe máxima que será concedido.

Orzamento total da convocatoria

10.600.000 EUR (22,6% do orzamento operativo)

Duración do proxecto

A duración das accións conxuntas non debe exceder os 3 anos.

Data límite de solicitude

19/03/2010

Documentación

Contacto

Executive Agency for Health and Consumers
12, rue Guillaume Kroll
L-1882 Luxembourg

Enderezo postal:
Executive Agency for Health and Consumers
DRB A3/042
L-2920 Luxembourg

E-mail: eahc@ec.europa.eu
Phone: +352-4301-32015
Fax: +352-4301-30359

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante