Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas pola que se outorgará unha contribución financeira para o desenvolvemento de accións conxuntas no ámbito da saúde pública

Programa

PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA NO EIDO DA SAÚDE PÚBLICA

Obxectivo xeral

Os tres obxectivos principais do Segundo Programa de acción comunitaria no ámbito da saúde son: mellorar a seguridade sanitaria dos cidadáns, promover a saúde, incluída a redución das desigualdades en materia de saúde, xerar e difundir información e coñecementos sobre a saúde.

Eidos de actuación

Financiaranse accións conxuntas propostas pola UE e un ou máis Estados membros, ou pola UE e as Autoridades competentes doutros Estados participantes no Programa.
Os ámbitos prioritarios son os seguintes:
• Acción conxunta en materia de seguridade de nanomateriales (materiais con propiedades especiais debido ao seu pequeno tamaño e que son utilizados en proxectos de nanotecnoloxía).
- Fortalecer, ampliar e compartir os coñecementos necesarios para a avaliación do os riscos na utilización de nanomateriales
- Fomentar a utilización dos datos existentes e o intercambio de mellores prácticas en materia de avaliación e xestión dese risco
- Promover o establecemento de metodoloxías sólidas en toda a UE.
• Campaña de difusión de estilos de vida saudables enfocada ao público mozo e á infancia.
• Aprofundamento no coñecemento xa adquirido en materia de avaliación da tecnoloxía da saúde, incluíndo estudos acerca da efectividade dos medicamentos.
• Acción conxunta para a implementación da Enquisa piloto Europea de Saúde por Exame (HES). Este termo designa unha enquisa de poboación especificamente concibida para analizar cuestións de saúde; os datos recompílanse utilizando cuestionarios de enquisa e mediante exames físicos ou probas biolóxicas que poden equipararse a medicións clínicas, o que permite avaliar a prevalencia real de moitas doenzas.

Destinatarios

As accións conxuntas poderán realizarse con organismos públicos ou non gobernamentais:
• Que non teñan ánimo de lucro e sexan independentes de xuros incompatibles industriais, comerciais e empresariais ou doutro tipo
• Que teñan como principal finalidade un ou varios dos obxectivos do programa
• Que sexan designados a través dun procedemento transparente polo país participante no segundo programa comunitario de saúde
• Que non teñan obxectivos xerais que sexan directa ou indirectamente opostos ás políticas da Unión Europea ou estean asociados a unha imaxe pouco adecuada
• Que proporcionen á Comisión documentos satisfactorios acerca dos seus membros, o seu regulamento interno e as súas fontes de financiamento
As entidades ou organizacións que participen poderán ter a súa sede social na Unión Europea, no Espazo Económico Europeo (EEE), nos países candidatos, na Asociación Europea de Libre Comercio (AELC) ou en terceiros países.

Financiamento

As conferencias seleccionadas poderán recibir unha contribución da Comunidade ata un máximo do 60 % do total dos custos elixibles. Nos casos en que as accións sexan de especial utilidade, esta porcentaxe poderá aumentar ata o 70%. Será a autoridade pertinente quen determinará en cada caso a porcentaxe máxima que será concedido.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento para o ano 2009 é de 7 239 000 €.

Duración do proxecto

A duración das accións conxuntas non deberá superar os tres anos.

Data límite de solicitude

20/05/2009

Documentación

Contacto

Para máis información contactar con:

Axencia Executiva de Saúde e Consumidores (9.30-12.00/14.30-17.30)
12, rue Guillaume Kroll
L-1882 Luxemburgo
Tel: +352 4301 37707
EAHC-PHP-CALLS@ec.europa.eu

Dirección Xeral de Sanidade e Protección dos Consumidores
Rue Robert Stumper 11
L-2557 Luxemburgo/Gasperich

Para o envío ou entrega persoal de solicitudes:
European Commission CALL FOR PROPOSALS “HEALTH – 2009” CONFERENCES
Bâtiment Jean Monnet Rue Alcide de Gasperi
L-2920 Luxemburgo.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante