Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas pola que se outorgará unha contribución financeira para o funcionamento de organismos non gobernamentais e redes especializadas no ámbito da saúde

Programa

PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA NO EIDO DA SAÚDE PÚBLICA

Obxectivo xeral

Os tres obxectivos principais do Segundo Programa de acción comunitaria no ámbito da saúde son: mellorar a seguridade sanitaria dos cidadáns, promover a saúde, incluída a redución das desigualdades en materia de saúde, xerar e difundir información e coñecementos sobre a saúde.

Eidos de actuación

Outorgarase unha contribución financeira para o funcionamento de organismos non gobernamentais e redes especializadas que desenvolvan as súas actividades dentro das áreas prioritarias definidas no Plan de Traballo para o ano 2009.
Estas son:
• A saúde sexual (desenvolvemento de actividades de promoción e o fortalecemento da educación sexual).
• Prevención e Control do Cancro
• Loita contra a SIDA (apoio a redes e grupos de loita contra a SIDA, concentrándose en particular nos grupos de risco e a situación no Este de Europa)
• Doenzas raras
• Asistencia sanitaria transfronteiriza
• Saúde laboral
• A seguridade do paciente
• A doazón de órganos e transplantes
• A vacinación contra a gripe
• Uso prudente de antibióticos
• Vacinación na infancia
• Saúde mental
• Mozos e saúde

Destinatarios

Organismos non gobernamentais ou redes especializadas que:
• Non teñan ánimo de lucro e sexan independentes de intereses incompatibles industriais, comerciais e empresariais ou doutro tipo (criterios de independencia xurídica, financeira e transparencia das actividades e o financiamento do solicitante)
• Teña membros nacionais da metade dos Estados membros como mínimo
• Teña unha cobertura xeográfica equilibrada
• Teña como principal finalidade un ou varios dos obxectivos do programa de traballo 2009
• Non teña obxectivos xerais que sexan directa ou indirectamente opostos ás políticas da Unión Europea ou estean asociados a unha imaxe inadecuada.
• Proporcione á Comisión documentos que dean fe da súa calidade de membros, o seu regulamento interno e as súas fontes de financiamento
• Proporcione á Comisión o seu plan de traballo anual para o exercicio financeiro e as súas actividades anuais máis recentes e, se existe, o informe de avaliación máis recente
Os organismos que reciban anteriormente subvención de funcionamento no marco do segundo Programa de Saúde poderán concorrer en igualdade de condicións cos novas participantes.

As entidades ou organizacións que participen poderán ter a súa sede social na Unión Europea, no Espazo Económico Europeo (EEE), nos países candidatos, na Asociación Europea de Libre Comercio (AELC) ou en terceiros países.

Financiamento

A contribución financeira da UE poderá acadar un máximo do 60 % do total dos custos elixibles. En casos excepcionais, cando as actividades son de especial relevancia para a UE, esta porcentaxe pode aumentar ata un 80%.
Será a autoridade pertinente quen determinará en cada caso a porcentaxe máxima que será concedida.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento para o ano 2009 é de 2 500 000 €.

Duración do proxecto

O apoio financeiro cubrirá un ano de funcionamento, de acordo coa lexislación presente en cada país participante.

Data límite de solicitude

20/05/2009

Documentación

Contacto

Para máis información contactar con:
Axencia Executiva de Saúde e Consumidores (9.30-12.00/14.30-17.30)
12, rue Guillaume Kroll
L-1882 Luxemburgo
Tel: +352 4301 37707
EAHC-PHP-CALLS@ec.europa.eu

Dirección Xeral de Sanidade e Protección dos Consumidores
Rue Robert Stumper 11

L-2557 Luxemburgo/Gasperich

Para o envío ou entrega persoal de solicitudes:
European Commission
CALL FOR PROPOSALS “HEALTH – 2009” CONFERENCES
Bâtiment Jean Monnet Rue Alcide de Gasperi
L-2920 Luxemburgo

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante