Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas pola que se outorgará unha contribución financeira para accións concretas en forma de proxectos no ámbito da saúde pública

Programa

PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA NO EIDO DA SAÚDE PÚBLICA

Obxectivo xeral

Os tres obxectivos principais do Segundo Programa de acción comunitaria no ámbito da saúde son: mellorar a seguridade sanitaria dos cidadáns, promover a saúde, incluída a redución das desigualdades en materia de saúde e xerar e difundir información e coñecementos sobre a saúde.

Eidos de actuación

Financiaranse proxectos de saúde pública. Neles debería incluírse información sobre a maneira en que poden terse en conta a perspectiva de xénero e as desigualdades en materia de saúde.
Todas as propostas deberán demostrar, cando proceda, que non duplican traballo xa realizado senón que poden identificarse sinerxías coas actuais actividades de investigación financiadas no marco dos temas sanitarios e outros temas relacionados do Sétimo Programa Marco de Investigación.
Darase prioridade a proxectos de carácter innovador que acheguen valor engadido europeo no ámbito da saúde pública, contribúan ao desenvolvemento das políticas da Comunidade no ámbito da saúde pública e inclúan un plan de aproveitamento e difusión dos resultados a escala europea.

Destinatarios

Poderán presentar propostas as entidades legalmente constituídas de calquera dos seguintes tipos:
• Organizacións sen ánimo de lucro
• Organizacións non gobernamentais
• Entidades públicas (todo tipo)
• Universidades
As entidades ou organizacións que participen poderán ter a súa sede social na Unión Europea, no Espazo Económico Europeo (EEE), nos países candidatos, na Asociación Europea de Libre Comercio (AELC) ou en terceiros países.

Financiamento

Os proxectos financiaranse seguindo o principio de custos compartidos. Así, a contribución financeira ordinaria elevarase a un máximo do 60 % dos gastos elixibles. A porcentaxe máxima de subvención que pode concederse en cada proxecto determinarase caso por caso.
Poderá preverse unha contribución comunitaria máxima por beneficiario (é dicir, por beneficiario principal e asociado) do 80 % dos custos elixibles en caso de proposta de interese excepcional, pero soamente un máximo do 10 % dos proxectos subvencionados poderá recibir unha contribución comunitaria superior ao 60 %.
Debe sinalarse que o importe indicativo para a participación financeira da Comunidade nos proxectos seleccionados pode variar ata un máximo de 10 % en relación co importe solicitado polo beneficiario.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento para o ano 2009 é de 24 130 500 euros (aproximadamente o 50 % do orzamento operativo).

Duración do proxecto

A duración dos proxectos non debe exceder os 3 anos.

Data límite de solicitude

20/05/2009

Documentación

Contacto

Para máis información contactar con:

Axencia Executiva de Saúde e Consumidores (9.30-12.00/14.30-17.30)
12, rue Guillaume Kroll
L-1882 Luxemburgo
Tel: +352 4301 37707
EAHC-PHP-CALLS@ec.europa.eu

Dirección Xeral de Sanidade e Protección dos Consumidores
Rue Robert Stumper 11, L-2557 Luxemburgo/Gasperich

Para o envío ou entrega persoal de solicitudes:
European Commission CALL FOR PROPOSALS “HEALTH – 2009” CONFERENCES
Bâtiment Jean Monnet Rue Alcide de Gasperi L-2920 Luxemburgo.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante