Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria de propostas pola que se outorgará unha contribución financeira para accións concretas en forma de conferencias no ámbito da saúde pública

Programa

PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA NO EIDO DA SAÚDE PÚBLICA

Obxectivo xeral

Os tres obxectivos principais do Segundo Programa de acción comunitaria no ámbito da saúde son: mellorar a seguridade sanitaria dos cidadáns, promover a saúde, incluída a redución das desigualdades en materia de saúde, xerar e difundir información e coñecementos sobre a saúde.

Eidos de actuación

Financiaranse conferencias que aborden prioridades do plan de traballo anual de 2009, ou unha das seguintes cuestións: a asistencia sanitaria transfronteiriza, as doenzas raras, a saúde laboral, a seguridade dos pacientes, a doazón e o transplante de órganos, prevención e control do cancro, a vacinación contra a gripe, o uso prudente de antibióticos, vacinación infantil, a saúde mental e a saúde dos mozos.
Os solicitantes deben favorecer que as conferencias se baseen e contribúan á difusión dos resultados doutras accións e proxectos da actual (segundo) programa de saúde ou, se é o caso, do anterior programa de saúde pública ou doutros programas comunitarios.

Destinatarios

As conferencias deben estar organizadas por un organismo público ou unha organismo sen ánimo de lucro establecidos nun país participante no Programa de Saúde da UE.
As entidades ou organizacións que participen poderán ter a súa sede social na Unión Europea, no Espazo Económico Europeo (EEE), nos países candidatos, na Asociación Europea de Libre Comercio (AELC) ou en terceiros países.

Socios

As accións deben posuír unha ampla dimensión europea con representantes de dez ou máis países participantes no segundo Programa de Saúde da UE.

Financiamento

As conferencias seleccionadas poderán recibir unha contribución da Comunidade dun importe máximo de 100 000 euros por conferencia (un máximo do 50 % do orzamento total da mesma).

Orzamento total da convocatoria

O orzamento para o ano 2009 é de 800.000€.

Duración do proxecto

Todas as conferencias deben ser celebradas nos dous últimos meses de 2009 ou ao longo de 2010.

Data límite de solicitude

20/05/2009

Documentación

Contacto

Para máis información contactar con:
Axencia Executiva de Saúde e Consumidores (9.30-12.00/14.30-17.30)
12, rue Guillaume Kroll
L-1882 Luxemburgo
Tel: +352 4301 37707
EAHC-PHP-CALLS@ec.europa.eu

Dirección Xeral de Sanidade e Protección dos Consumidores
Rue Robert Stumper 11, L-2557 Luxemburgo/Gasperich

Para o envío ou entrega persoal de solicitudes:
European Commission CALL FOR PROPOSALS “HEALTH – 2009” CONFERENCES
Bâtiment Jean Monnet Rue Alcide de Gasperi L-2920 Luxemburg.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante