Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Diálogos transatlántico da sociedade civil UE-EEUU

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO DE COOPERACIÓN COS PAÍSES INDUSTRIALIZADOS E PAÍSES E TERRITORIOS DE RENDA ALTA

Obxectivo xeral

Fortalecer os diálogos entre a sociedade civil tanto nos Estados membros da UE como nos Estados Unidos (EEUU), tratando unha variada gama de asuntos e animando á participación dun amplo abano de socios. Estes diálogos terían unha función complementaria aos diálogos formais a nivel de gobernos.

Eidos de actuación

• Medio ambiente. Actividades que promovan o intercambio de información, a concienciación e o traballo en rede entre as organizacións da UE e os EEUU.
• Dialogo sobre macroeconomía. O diálogo debería mellorar o entendemento das respectivas políticas, explorando posibles áreas para a cooperación macroeconómica.
• Diálogo de consumidores. Promover o debate e o intercambio de coñecemento entre representantes dos consumidores ou organizar reunións con lexisladores para promover e defender ante as autoridades públicas os intereses dos consumidores.
• Diálogo en saúde pública. Investigación e accións relacionadas co consumo de alcol de menores e a saúde mental.
• Diálogo sobre desenvolvemento e axuda humanitaria. Fomentar o intercambio de ideas e a información, mellorar a concienciación sobre políticas da UE e dos EEUU neste eido.

Destinatarios

Os destinatarios deberán ser organizacións non gobernamentais ou grupos de interese representantes de amplos sectores da cidadanía, ambos os dous sen ánimo de lucro. Tamén poden solicitar esta subvención, representantes do mundo da empresa cando as actividades para as que pide esta, non están relacionadas coas súas actividades comerciais. Os solicitantes deberán ter unha ampla implantación xeográfica tanto na UE como nos EEUU. As actividades deberán realizarse tanto no territorio nos dous territorios aos que se refire a convocatoria.

Socios

Deberán figurar na solicitude en conxunto, os socios tanto da UE como de EEUU, sendo dirixida a solicitude por parte do socio pertencente á UE.

Financiamento

Os proxectos poden ser financiados até o 75% dos custes.

Orzamento total da convocatoria

Un orzamento máximo de 800.000 euros.

Duración do proxecto

A duración máxima para cada acción é de 24 meses, téndose que realizar cada proxecto entre o 1 de setembro do 2010 e o 31 de agosto do 2012

Data límite de solicitude

27/05/2010

Documentación

Contacto

yasmina.sioud@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante