Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí

Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE

Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

III Convocatoria de propostas para o Diálogo da Sociedade Civil entre a UE e Turquía

Programa

INSTRUMENTO DE AXUDA Á PREADHESIÓN (IPA)

Obxectivo xeral

A presente convocatoria engloba dúas accións específicas: criterios políticos e medios de comunicación.
- A primeira acción está destinada a familiarizar ás organizacións da sociedade civil en Turquía coas políticas da Unión Europea e as súas implicacións en termos de lexislación e implementación, así como a favorecer o camiño da accesión, fortalecendo os contactos e o intercambio de experiencias entre os actores da sociedade civil dos Estados membros e de Turquía.
- A segunda acción está orientada a promover o papel dos medios de comunicación na formación da opinión pública en relación coa Unión Europea. Esta acción pretende fortalecer as capacidades do sector e establecer un diálogo sostible entre os medios de comunicación da UE e de Turquía.

Obxectivo específico da convocatoria

Eidos de actuación

Entidades e organizacións de diverso tipo que se atopen situadas nun Estado membro da Unión Europea ou en Turquía e que cumpran coas condicións específicas de participación que se requiren para cada acción.

Destinatarios

- No caso da primeira acción, trátase de asociacións ou fundacións situadas dentro do eido de actuación e cuxa esfera de actividade sitúase dentro das liñas prioritarias de actuación indicadas dentro dos obxectivos específicos. Poderán ser entidades asociadas as universidades (centros de investigación e think tanks), as organizacións profesionais, as municipalidades e administracións provinciais especiais.
- No caso da segunda acción, poden presentarse diversas entidades como destinatarios, dependendo da medida específica á que se acollan e sempre que cumpran o requisito de ter unha produtora. Este último requisito no será aplicable ás entidades asociadas.

Financiamento

A cantidade máxima cofinanciada dentro desta convocatoria é de 150.000 € no caso das dúas accións que se recollen.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento global para as dúas accións contidas na convocatoria é de 9 millóns de euros, que se reparten da seguinte maneira: 6 millóns para a primeira acción e 3 millóns no caso da segunda.

Data de publicación

20/05/2013

Data límite de solicitude

05/07/2013

Documentación

Contacto

Ministerio de Asuntos Europeos da República de Turquía
Web: http://www.ab.gov.tr
E-mail: csd3@ab.gov.tr

Comentarios

Dada a necesidade de facilitar o proceso de procurar socios para establecer as asociacións requeridas no marco da convocatoria, o Ministerio para Asuntos Europeos de Turquía establece unha ferramenta a tal fin. Desta maneira, as organizacións da sociedade civil e do sector dos medios de comunicación terán a capacidade de involucrarse nos proxectos existentes ou de atopar socios para as súas propias ideas de proxecto.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante