Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria restrinxida de propostas - Instrumento para a Sociedade Civil - Medioambiente e Cambio Climático - Bosnia e Hercegovina - EuropeAid/134062/L/ACT/BA

Programa

INSTRUMENTO DE AXUDA Á PREADHESIÓN (IPA)

Obxectivo xeral

Apoiar a incorporación e aplicación do acervo medioambiental e outras obrigacións medioambientales internacionais en Bosnia e Herzegovina.

Obxectivo específico da convocatoria

Contribuir directamente á implementación das normas medioambientais da UE, e en particular, nos eidos do cambio climático, a auga, o aire, o solo, o ruído, os produtos químicos, o medio ambiente e a saúde, os residuos e os recursos naturais, os bosques, a protección da natureza e a innovación.

Eidos de actuación

As entidades ou organizacións que participen deberán dispoñer da súa sede social no eido xeográfico dos países candidatos e de terceiros países.

Destinatarios

Entidades legalmente constituídas e localizadas nalgún dos eidos de actuación, que respondan, polo menos, a algún dos sectores seguintes:
- Os recursos naturais e os residuos;
- O ruído, os produtos químicos, o medio ambiente e a saúde;
- Os bosques, a protección da naturaleza e da biodiversidade.

Financiamento

A cantidade total financiada situarase entre os 400.000€ e os 500.000€. O baremo de financiación respecto aos custos totais elixibles oscilará entre o 50% e o 90%.

Orzamento total da convocatoria

Orzamento total orientativo de 0,5 M€

Data de publicación

08/02/2013

Data límite de solicitude

29/03/2013

Documentación

Contacto

Consultas relacionadas co rexistro na plataforma PADOR: Europeaid-pador@ec.europa.eu
Consultas relacionadas coa solicitude – Delegación da UE en Bosnia e Hercegovina: Delegation-BIH-Procurement@eeas.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante