Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

EuropeAid/132915/L/ACT/ME - Convocatoria de propostas - Esquema de apoio a países (CBSS) - Montenegro

Programa

INSTRUMENTO DE AXUDA Á PREADHESIÓN (IPA)

Obxectivo xeral

O obxectivo global desta convocatoria de propostas é o fortalecemento do papel da sociedade civil na promoción dos dereitos humanos e a reforma democrática, en apoio á conciliación pacífica dos intereses de grupo e na consolidación da participación e a representación política.
Aos efectos da presente convocatoria identificáronse tres obxectivos específicos:
- Construír un consenso sobre as áreas en disputa ou as controversias políticas
- Mellorar a participación e a representación política
- Mellorar a inclusión e o pluralismo da sociedade civil

Eidos de actuación

La construción cara a un consenso nas áreas en disputa ou controversias políticas nas sociedades profundamente divididas, por medio de diálogos da sociedade civil que tratan de salvar a brecha na que se divide a sociedade e que reúnen a unha ampla gama de partes interesadas para compartir experiencias e analizar os problemas comúns;
Mellorar a representación e a participación política, incluíndo a habilitación dos grupos pouco representados como os mozos, as minorías, as persoas con discapacidade, así como a capacidade de resposta e rendición de contas, por medio de iniciativas de diálogo da sociedade civil coa sociedade política (por exemplo, cos partidos políticos, grupos parlamentarios ou os órganos lexislativos);
Iniciativas para mellorar a integración e o pluralismo da sociedade civil, por exemplo mediante o apoio ás actividades e a creación de capacidades de organizacións da sociedade civil, novas ou fráxiles formadas por grupos cuxos intereses non están suficientemente representados, ou doutro xeito contribuír á potenciación do papel destes grupos (nenos, grupos minoritarios por exemplo, grupos lingüísticos étnicos e minorías relixiosas, os pobos indíxenas, as persoas suxeitas á discriminación baseada na caste e doutro tipo, as persoas con discapacidade, as mulleres traballadoras, os grupos rurais, os desprazados internos, os migrantes, etc), e iniciativas para promover medios de comunicación independentes.

Destinatarios

Todo tipo de organismos públicos ou privados que dedican a súa actividade ao respecto dos dereitos humanos.

Financiamento

A cofinanciación por parte da Comisión estará comprendida entre un 50% ata 95% dos gastos elexibles.

Orzamento total da convocatoria

A presente convocatoria ten un orzamento de 600.000 euros.

Duración do proxecto

As actividades poden durar entre 12 e 24 meses.

Data de publicación

17/05/2012

Data límite de solicitude

02/07/2012

Documentación

Contacto

Para máis información relacionada á presente convocatoria, envien un correo ao

E-mail address: delegation-montenegro-fcs@eeas.europa.eu
ou Fax ao:

Fax: 382 20 444 666

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante