Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Accións para o empoderamento das mulleres na rexión dos Balcáns

Programa

INSTRUMENTO DE AXUDA Á PREADHESIÓN (IPA)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral do programa Civil Society Facility, do cal a presente convocatoria de propostas forma parte, é fortalecer a sociedade civil nunha democracia participativa, estimulando unha sociedade civil comprometida co medio ambiente e a cultura.

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria de propostas ten por obxecto o desenvolvemento de fortes alianzas rexionais entre as Organizacións da Sociedade Civil rexionais que se adican á promoción da igualdade de xénero, xunto cos seus homólogos da UE e os poderes públicos.

Eidos de actuación

- Mellorar a transparencia e o rendemento de contas das Organizacións da Sociedade Civil (OSC).
- Seguir reforzando a capacidade profesional das Organizacións que traballan sobre os dereitos das mulleres e organizalas para que desenvolvan un papel máis importante na formulación de políticas.
- Aumentar a sensibilización dos cidadáns dos seus dereitos e deberes, así como a participación dos cidadáns nas actividades da sociedade civil.
- Mellorar a cooperación e creación de redes entre as OSC dos países beneficiarios, e coas OSC da UE co fin de fomentar un diálogo intercultural.
- Aumentar a comprensión das OSC dos asuntos da UE e o proceso de adhesión.
- Axudar ás OSC na mellora dos dereitos das mulleres, combater a violencia contra a muller (tanto doméstica como pública) e promover a igualdade de trato.

Destinatarios

Persoas legais sen ánimo de lucro que pertenzan a unha Organización Civil, a un Centro de Educación Superior/Investigación ou a unha Organización Internacional.

Socios

Se o solicitante provén dun Estado membro da UE necesítanse como mínimo tres Organizacións Civís de tres países beneficiarios do Instrumento de Axuda á Preadhesión (IPA).

Financiamento

O financiamento como máximo será do 80% dos custos elexibles, tendo en conta que a cantidade mínima a subvencionar será 50.000 euros e a máxima 200.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da convocatoria ascende a 1,650,000 euros

Duración do proxecto

As accións durarán como máximo 24 meses

Data de publicación

01/03/2011

Data límite de solicitude

31/05/2011

Documentación

Contacto

European Commission
DG Enlargement
Financial Instruments and Regional Programmes
Regional Programmes
For the attention of Ms Suzan Arslan
Office: CHAR 05/077
1049 Brussels
Belgium

Comentarios

Trátase dunha Convocatoria aberta nunha soa fase; non obstante entregarase a proposta completa e un resumo da mesma. Nun primeiro momento só se avaliarán os Documentos Resumen.

Solicítase que, se é posible, os interesados en participar envíen un e-mail informando da súa intención de presentar solicitude polo menos 1 mes antes de que termine o prazo de presentación das mesmas.

É preciso o rexistro previo en PADOR. As solicitudes incompletas serán rexeitadas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante