Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

PRINCE 2010-UE27

Programa

INSTRUMENTO DE AXUDA Á PREADHESIÓN (IPA)

Obxectivo xeral

Incrementar a sensibilización sobre os beneficios e desafíos da actual ampliación da UE hacia os Balcáns Occidentais, Turquía e Islandia mediante a participación das partes interesadas, os medios de comunicación e os profesionais dos medios de comunicación, e estimulando os encontros persoais.

Obxectivo específico da convocatoria

Estimular e contribuir a un debate político sobre a ampliación mediante a produción e difusión de programas específicos de televisión nos que se introduza a ampliación da UE na esfera pública, mostrando ós cidadáns o impacto da ampliación sobre as súas vidas cotiás, e superar os estereotipos sobre os países candidatos.
Apoiar a información e comunicación sobre a ampliación da UE e contribuir a superar prexuizos e presentar aos países candidatos mediante a organización de actividades de sensibilización e eventos culturais e deportivos.

Eidos de actuación

A convocatoria divídese en dous lotes:
Lote 1: Programas de televisión
Lote 2: Actividades de sensibilización

Destinatarios

Lote 1: Programas de televisión: Empresas de radiodifusión televisiva, organismos públicos ou privados, estar rexistrados nun dos 27 Estados membros da UE, e ser directamente responsable da preparación e xestión da actividade cos seus socios.
Lote 2: Actividades de sensibilización: Organismos públicos ou privados que estean rexistrados nun dos 27 Estados membros da UE e ser directamente responsables da preparación e xestión da actividade cos seus socios.

Socios

Os candidatos poderán actuar individualmente ou con socios.

Financiamento

A axuda financieira da Comisión non poderá superar o 60% dos custes subvencionables totais para os proxectos do Lote 1, con un máximo de 300.000 EUR por proxecto, e o 80% para os proxectos do Lote 2, con un máximo de 200.000 EUR por proxecto

Orzamento total da convocatoria

2.500.000 EUR

Duración do proxecto

O periodo de execución dos proxectos será de máximo 12 meses, e deberán concluir antes do 30 de novembro de 2013.

Data de publicación

20/01/2011

Data límite de solicitude

31/03/2011

Documentación

Contacto

Sra. Dª. Catherine WENDT
Comisión Europea
Dirección General de Ampliación
Unidad A2- Información y Comunicación
Rue de la Loi, 10
1049 Bruxelles
Belgique

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante