Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Programa de asociación socioeconómica.

Programa

INSTRUMENTO DE AXUDA Á PREADHESIÓN (IPA)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral do Fondo da Sociedade Civil, de que esta convocatoria de propostas forma parte, é fortalecer a sociedade civil dentro dunha democracia participativa, e estimular unha cultura e unha sociedade civil ecolóxica.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo específico desta convocatoria é o desenvolvemento de sólidas asociacións rexionais sólidas entre as organizacións da sociedade civil interesadas nas cuestións socioeconómicas da propia rexión cos seus homólogos da UE e autoridades públicas, así como a mellora da transparencia e rendición de contas das devanditas organizacións da sociedade civil.
En particular, esta convocatoria debería favorecer os seguintes aspectos:
1. Unha sociedade civil profesional e funcional.
2. Redes de organizacións da sociedade civil, nova estratexia e iniciativas comúns.
3. Mellora da calidade dos servizos e mellor difusión dos valores comúns na rexión.
4. Aumento do apoio ás iniciativas democráticas, incluída a sensibilización sobre as cuestións pertinentes entre os cidadáns e as autoridades públicas por medio do diálogo intercultural.

Eidos de actuación

Traballo e seguridade no eido laboral, a competitividade e innovación, a privatización, racionalización e restruturación de empresas e sectores, protección do medio ambiente e uso racional da enerxía, a responsabilidade corporativa, protección do consumidor e inclusión social de grupos vulnerables.

Destinatarios

Para poder optar a unha subvención, os solicitantes deberán:
• Ser persoas xurídicas.
• Non ter ánimo de lucro.
• Ser nacionais dun Estado membro da Unión Europea ou dun beneficiario da axuda en virtude do instrumento de preadhesión.
• Pertencer a un determinado tipo de organización (unha organización da sociedade civil que promova os intereses de grupos sociais específicos a nivel comunitario, internacional ou nacional; unha organización da sociedade civil que vixíe determinados temas como medio ambiente ou dereitos humanos cun ámbito de aplicación das actividades a nivel nacional ou comunitario; un centro de educación superior ou un instituto de investigación).
• Ser directamente responsable da preparación e xestión da acción cos socios, non actuar como intermediario.
• Ter experiencia e ser capaz de demostrar a súa capacidade para xestionar as actividades de maior escala que correspondan á dimensión do proxecto para o que a subvención se solicita.

Socios

Cada asociación debe contar cando menos con tres organizacións da sociedade civil, de diferentes países beneficiarios do Instrumento de axuda á preadhesión xunto con unha organización representantativa a nivel comunitario. En vez dunha organización representativa da UE, poden participar cando menos tres organizacións da sociedade civil de tres Estados membros da UE. A asociación pode contar adicionalmente como socios con organizacións da sociedade civil dalgún país que é beneficiario do Instrumento europeo de asociación e veciñanza, ou do Espazo Económico Europeo, ou mesmo, unha organización intergobernamental internacional.

Financiamento

Os proxectos poden ser financiados até nun 80% dos seus custes.

Orzamento total da convocatoria

A dotación financeira é de 5.000.000 €.

Duración do proxecto

30 meses, até o 30 de novembro do 2012 como máximo.

Data límite de solicitude

06/05/2010

Documentación

Contacto

E-mail: henk.visser@ec.europa.eu
Fax: +32/2/296.8040

Comentarios

Calquera subvención solicitada para unha acción no marco da presente convocatoria de propostas deberá estar comprendida entre os seguintes importes mínimos e máximos:
• Importe mínimo: 50.000 EUR.
• Importe máximo: 500.000 EUR.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante