Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Diálogo coa Sociedade Civil en Turquía: Cultura e artes

Programa

INSTRUMENTO DE AXUDA Á PREADHESIÓN (IPA)

Obxectivo xeral

Establecer un marco para a cooperación, promover o diálogo entre as sociedades civís turca e da UE no eido da cultura e das artes e desenvolver as oportunidades para os operadores culturais e artísticos.

Eidos de actuación

Promover o traballo en rede e asociacións sostibles, concienciar e facilitar o diálogo e o coñecemento mutuo, así como a promoción de iniciativas, ideas e producións innovadoras.

Destinatarios

Os solicitantes desta subvención deberán ser persoas xurídicas, sen ánimo de lucro, ONG´s pertencentes a un dos Estados membros da UE ou da República de Turquía, seren responsables da preparación e xestión do proxecto e demostrar que traballan no campo da cultura e das artes.

Socios

Os solicitantes deben ter cando menos un socio dalgún dos Estados membros da UE, ou dos países candidatos, e deberán participar no deseño e implementación da acción e cumprir cos mesmos requisitos que os solicitantes.

Financiamento

As subvencións poderán financiar entre un 50% e un 90% dos custes da acción.

Orzamento total da convocatoria

Un orzamento total de 1800000€

Duración do proxecto

Entre os 9 meses e os 15

Data límite de solicitude

03/05/2010

Documentación

Contacto

E-mail address: csd.ca@cfcu.gov.tr
Fax: +90 312 286 70 72

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante