Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Apoyo a acciones de asociación entre organizaciones culturales

Programa

INSTRUMENTO DE AXUDA Á PREADHESIÓN (IPA)

Obxectivo xeral

Fortalecemento da sociedade civil nunha democracia participativa, estimulando un ambiente e cultura favorables para a sociedade civil.

Obxectivo específico da convocatoria

Favorecer o desenvolvemento de asociacións e redes entre as organizacións culturais para lograr un mellor participación das organizacións da sociedade civil e dos propios cidadáns no eido cultural.

Eidos de actuación

Os proxectos deberán tratar algún dos seguintes eidos:
• Mellora do acceso público a todo tipo de cultura
• Posta en valor da identidade europea baseándose nos valores comúns
• Desenvolvemento de iniciativas e asociacións intrarrexionais e interrexionais.
• Fortalecemento das capacidades de traballo en rede das organizacións e os operadores culturais
• Fortalecemento das relacións e o diálogo entre as organizacións da sociedade civil nos Balcáns occidentais e Turquía, co obxectivo de lograr unha relación máis profunda cos seus socios europeos.

Destinatarios

Os solicitantes deben respectar os seguintes criterios:
1. Ser persoas xurídicas
2. Non ter ánimo de lucro
3. Ser nacionais dalgún Estado membro da UE, ou dalgún dos países beneficiarios do instrumento de asistencia á preadhesión.
4. Pertencer a algún dos seguintes tipos de organizacións: unha organización da sociedade civil, un centro de educación superior ou un instituto de investigación, unha organización internacional.
5. Ser directamente responsable da preparación e a xestión da acción.
6. Ter unha experiencia e unha capacidade demostrada e suficiente como para levar a cabo a acción.

Socios

Cada asociación debe ser formada cando menos por tres organizacións da sociedade civil de tres países beneficiarios do instrumento de asistencia á preadhesión, xunto con cando menos unha organización dalgún Estado membro da UE.

Financiamento

As subvencións non poderán exceder do 80% dos custes da acción nin ser inferior ao 50% destes.

Orzamento total da convocatoria

Un orzamento de 2500000€

Duración do proxecto

24 meses, todos os proxectos deben rematar antes do 30 de novembro

Data límite de solicitude

01/06/2010

Documentación

Contacto

E-mail address: karin.mcdonald@ec.europa.eu
Fax: +32/2/298.06.96

Comentarios

As accións deberán levarse a cabo nos Estados membros e nos países beneficiarios do instrumento de asistencia á preadhesión.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante