Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Protección e promoción dos dereitos e empoderamento económico e social das mulleres

Programa

INVESTIR NAS PERSOAS

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral da convocatoria de propostas é contribuír á promoción do empoderamento e dos dereitos sociais e económicos das mulleres.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo específico será desenvolver e reforzar iniciativas sostibles a nivel local e nacional para promover:

  • a igualdade de acceso das mulleres aos recursos económicos e ao control dos mesmos;
  • a igualdade de acceso aos servizos novos e/ou existentes que sexan fundamentais para aumentar a protección económica e social das mulleres, así como o seu benestar e a súa participación no crecemento económico;
  • a divulgación das boas prácticas respecto.

Eidos de actuación

Para garantir a súa sostibilidade, as propostas deben incluír polo menos dous dos tres temas seguintes:

  • Creación e/ou reforzo dunha contorna política, normativa, xurídica e económica favorable.
  • Apoio para o reforzo a nivel nacional e local da capacidade dos organismos públicos, os axentes non estatais e as empresas privadas para participar nos procesos que promovan a protección dos dereitos das mulleres nos sectores económico e financeiro, e a igualdade de acceso e a participación das mulleres nas oportunidades económicas, incluído o intercambio de información, a creación de redes e de asociacións.
  • Apoio ao desenvolvemento e aplicación de iniciativas sensibles coa cuestión do xénero cunha formulación multisectorial e integrada.

Destinatarios

Persoas xurídicas que sexan axentes non estatais ou organismos públicos e semipúblicos que non pertenzan ao goberno central, autoridades locais e as súas agrupacións, ou asociacións que os representan.
Os requisitos de nacionalidade serán os especificados na Guía do solicitante.

Socios

Os socios deberán cumprir os requisitos de elexibilidade previstos para o beneficiario.

Financiamento

As subvencións solicitadas no marco da presente convocatoria de propostas estarán comprendidas entre os 200.000 e 1.500.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria é de 30 millóns de euros.

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción non pode ser inferior a 18 meses nin superior a 36 meses.

Data de publicación

01/11/2011

Data límite de solicitude

26/01/2012

Documentación

Contacto

Poderán consultarse as dúbidas respecto da convocatoria na seguinte dirección: EuropeAid-Globalcalls@ec.europa.eu

Comentarios

Esta é unha convocatoria de propostas restrinxida. En primeira instancia, soamente deben presentarse os documentos de síntese para a súa avaliación. Posteriormente, aos solicitantes cuxos documentos de síntese fosen preseleccionados convidaráselles a presentar un formulario de solicitude completo.
Os documentos de síntese serán presentados unicamente por e-mail na seguinte dirección: EuropeAid-Gender@ec.europa.eu.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante