Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Promoción e apoio técnico para o desenvolvemento de estratexias e accións específicas nacionais no ámbito da saúde sexual e reprodutiva

Programa

INVESTIR NAS PERSOAS

Obxectivo xeral

O obxectivo global da convocatoria é apoiar aos países en vías de desenvolvemento a mellorar a saúde sexual e reprodutiva e os dereitos neste eido nos seus territorios. Para elo, a convocatoria pretende reforzar ás organizacións da sociedade civil para que poidan promover eficazmente a elaboración e a aplicación de estratexias neste ámbito en beneficio das poboacións destes países e así contribuír á oferta de servizos en materia de saúde reprodutiva e sexual en estados débiles.

Obxectivo específico da convocatoria

Existen varios obxectivos específicos:
• Promover a elaboración e a aplicación de estratexias no ámbito dos dereitos e a saúde reprodutiva e sexual e realizar accións de sensibilización neste ámbito.
• Mellorar o acceso aos servizos de saúde reprodutiva e sexual para as vítimas de abusos e violacións en estados débiles.

Eidos de actuación

Para o primeiro dos obxectivos, actuaríase promovendo na clase política a discusión sobre este tipo de temas, a creación de alianzas entre ONG´s locais e organizacións internacionais co fin de influír na elaboración e aplicación de estratexias nesta materia, realizar campañas nos medios de comunicación co obxectivo de sensibilizar a poboación sobre esta temática e apoiar ás redes e asociacións xuvenís co fin de promover o acceso dos mozos e mozas a unha mellor información sobre os dereitos e a saúde e educación sexual.
Para o segundo dos obxectivos, pretendese realizar accións que melloren os servizos existentes de saúde reprodutiva e sexual, ou no caso de non existiren, prestar directamente eses servizos, así como tamén asesorar e axudar a se reintegraren na sociedade ás vítimas de abusos e violacións.

Destinatarios

Para poderen optar a unha subvención os solicitantes deberán ser persoas xurídicas, sen ánimo de lucro, axentes non estatais ou organizacións intergubernamentais internacionais, e nacionais dun país ou territorio socio elixible conforme ao ICD ou dun estado membro do Espazo Económico Europeo ou dun candidato oficial á UE.

Socios

Recoméndase o traballo en asociación e no caso de accións presentadas por solicitantes que non sexan nacionais do país onde se realice a actuación ou por organizacións internacionais, considérase indispensable a asociación con socios locais do país onde se vaia realizar a acción proposta. Os socios dos solicitantes participarán no deseño e na execución da acción. Tamén serán elixibles como socios os organismos públicos ou semipúblicos, as autoridades locais e as asociacións que as representen ou as entidades con ánimo de lucro sempre que non obteñan ningún beneficio da subvención.

Financiamento

As subvencións non poderán exceder do 80% dos custes do proxecto, nin do 50% cando o solicitante sexa unha organización internacional. Excepcionalmente, a subvención poderá cubrir a totalidade dos custes elixibles da acción cando sexa esencial para a súa execución.

Orzamento total da convocatoria

Este programa está dotado con 34000000 euros, repartidos a partes iguais entre os dous obxectivos.

Duración do proxecto

A duración debe estar entre os 12 meses e os 36.

Data límite de solicitude

15/04/2010

Documentación

Contacto

EuropeAid-GlobalCalls@ec.europa.eu

Comentarios

Calquera subvención estará entre os 300000 euros de mínimo e os 2500000 euros de máximo.
As accións poden levarse a cabo en un ou máis países ou territorios beneficiarios e deben incluír unha estratexia de comunicación e visibilidade.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante