Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Instrumento Europeo para a promoción da Democracia e dos Dereitos Humanos. Convocatoria local 2011 para Ecuador

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA A PROMOCIÓN DA DEMOCRACIA E OS DEREITOS HUMANOS NO MUNDO (EIDHR)

Obxectivo xeral

O obxectivo global desta Convocatoria de Propostas é reforzar o papel da sociedade civil na promoción dos dereitos humanos e das reformas democráticas, no apoio á conciliación pacífica dos intereses de diferentes grupos e na consolidación da participación e a representación política.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo específico será profundizar no enfoque de articulación, coordinación e vinculación entre actores dos diferentes niveis na promoción dos dereitos humanos e a aplicación das garantías constitucionais, específicamente no establecemento dun sistema xudicial xusto e efectivo, así como no desenvolvemento de sistemas integrais de seguridade.

Eidos de actuación

As prioridades previstas para esta Convocatoria de Propostas son:

  • Apoio a iniciativas para o empoderamento da poboación en materia de dereitos humanos e para a aplicación correcta das garantías constitucionais.
  • Apoio a accións en favor do melloramento do coñecemento e da aplicación dos dereitos humanos entre operadores de xustiza e/ou funcionarios executores.
  • Apoio a accións de organismos da sociedade civil en favor do desenvolvemento de sistemas integrais de seguridade baixo un enfoque de dereitos humanos.

Destinatarios

Persoas xurídicas sen ánimo de lucro que se constitúan como unha asociación das previstas na Guía do Solicitante.

Os solicitantes deben ser nacionais de Ecuador, dun Estado membro, dun membro do Espazo Económico Europeo ou dun país candidato.

Socios

Os solicitantes non ecuatorianos deberán actuar en asociación con polo menos un socio ecuatoriano.

Financiamento

As subvencións solicitadas dentro desta Convocatoria de Propostas estarán comprendidas entre 200.000 e 300.000 euros. Todo iso tendo en conta que como mínimo se subvencionará o 70% dos custos elegibles da acción e como máximo o 80%.

Orzamento total da convocatoria

El orzamento desta convocatoria será de 600.000 euros.

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción non poderá ser inferior a 24 meses nin superior a 36 meses.

Data de publicación

15/11/2011

Data límite de solicitude

15/02/2012

Documentación

Contacto

Delegación de la Unión Europea para Ecuador
Atención: Sección Operacional
Orellana E11-160 y Whymper, Edificio Schuman
Quito, Ecuador


Poderán consultarse tódalas dúbidas sobre a Convocatoria na seguinte dirección: delegation-ecuador@eeas.europa.eu.

Comentarios

A presente Convocatoria de Propostas é aberta, polo que se presentan todos o documentos nunha etapa (Documento de Síntese e proposta completa). Con todo, nun primeiro momento só se avaliarán os Documentos de Síntese.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante