Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Instrumento Europeo para a Promoción da Democracia e dos Dereitos Humanos. Accións en Honduras

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA A PROMOCIÓN DA DEMOCRACIA E OS DEREITOS HUMANOS NO MUNDO (EIDHR)

Obxectivo xeral

Os obxectivos xerais do Instrumento deberían contribuír ao desenvolvemento e á consolidación da democracia e o Estado de Dereito, así como ao respecto de todos os dereitos humanos e das liberdades fundamentais, no marco da política comunitaria de cooperación ao desenvolvemento e da cooperación económica, financeira e técnica con terceiros países, de forma coherente coa política exterior da Unión Europea no seu conxunto.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos do programa para Honduras son reforzar o papel da sociedade civil na promoción dos dereitos humanos e das reformas democráticas, no fomento da conciliación pacífica dos intereses de diferentes grupos e na ampliación da participación e a representación políticas.

Eidos de actuación


As prioridades no marco do devandito obxectivo serán:

  • Apoiar accións dirixidas ao fortalecemento institucional de organizacións defensoras dos dereitos de grupos en situación de vulnerabilidade (mulleres, nenez e mocidade, persoas maiores ou enfermos de VIH).
  • Apoiar accións dirixidas á non discriminación e promoción dos dereitos humanos de grupos en situación de vulnerabilidade.
  • Fortalecer accións dirixidas ao fomento do dialogo co Estado para incidir en políticas publicas de protección aos seus dereitos, en coherencia coas normas nacionais e internacionais na materia.

Destinatarios

Persoas xurídicas sen ánimo de lucro e que sexan nacionais dun Estado membro ou da Unión Europea e que cumpran os restantes requisitos establecidos na Guía do Solicitante.

Socios

Os solicitantes de nacionalidade Hondureña poderán actuar individualmente ou con organizacións asociadas.
Para accións presentadas por solicitantes orixinarios de Estados membros da Unión Europea será obrigatoria a asociación cun actor local e os proxectos responderán a unha iniciativa que emane do socio local en Honduras.

Financiamento

As subvencións solicitadas dentro desta Convocatoria de Propostas estarán comprendidas entre os 200.000 e os 300.000 euros. Ademais estas subvencións deben cubrir entre o 50% e o 90% dos custos elexibles.

Orzamento total da convocatoria


O orzamento desta convocatoria será de 900.000 euros.

Duración do proxecto

A duración prevista inicial dunha acción non poderá ser inferior a 12 meses nen superior a 36 meses.

Data de publicación

04/10/2011

Data límite de solicitude

21/11/2011

Documentación

Contacto

Delegación de la Unión Europea en Honduras
Colonia Altos Lomas del Guijarro Sur
4ta. Avenida, 2da Calle, Bloque B
TEGUCIGALPA, HONDURAS

Comentarios

As accións executaranse en Honduras.

Trátase dunha convocatoria de propostas restrinxida polo que nunha primeira fase só se presentarán os Documentos de Síntese, a partir dos que se decidirá quen presentará a solicitude completa.

As dúbidas respecto diso desta Convocatoria poderán consultarse na seguinte dirección: DELEGATION-HONDURAS-Convocatorias@eeas.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante