Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Loita contra a violencia en Brasil

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA A PROMOCIÓN DA DEMOCRACIA E OS DEREITOS HUMANOS NO MUNDO (EIDHR)

Obxectivo xeral

Reforzar o papel da sociedade civil na promoción dos dereitos humanos e as reformas democráticas, no fomento da conciliación pacífica dos intereses dos distintos grupos e na ampliación da participación e a representación política.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos desta convocatoria serán:

  • Loita contra a violencia ás mulleres; os nenos, adolescentes e novos; e aos grupos vulnerables.
  • Loita contra a violencia contra os defensores dos dereitos humanos.

Eidos de actuación

Baixo esta Convocatoria de propostas levaranse a cabo accións tales como:

  • Promover o coñecemento sobre a garantía e o sistema de dereitos.
  • Contribuír á loita contra a violencia doméstica, o abuso sexual, etc., así como contribuír á loita contra o tráfico de nenos.
  • Promover o acceso dos grupos vulnerables aos servizos básicos.
  • Campañas de fomento das accións e o traballo en rede de organizacións dos defensores de dereitos humanos

Destinatarios

Os solicitantes deben ter personalidade xurídica, carecer de fins lucrativos e ser nacionais dun Estado membro ou de Brasil. Ademais, deben pertencer a unha das categorías establecidas polo artigo 10 do Regulamento IEDDH e recollidas na Guía do Solicitante.

Socios

Os solicitantes poden concurrir sós ou con organizacións asociadas.

Financiamento

As subvencións mínimas serán de 100.000 e as máximas de 150.000 euros. Estas subvencións cubrirán un mínimo do 50% dos custos elexibles e un máximo do 10% dos mesmos.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta convocatoria será de 900.000 euros.

Duración do proxecto

A duración prevista inicial non pode ser inferior a 24 meses nen superior a 36 meses.

Data de publicación

03/10/2011

Data límite de solicitude

11/11/2011

Documentación

Contacto

Delegação da União Europeia no Brasil
Sección de Contratos y Finanzas
Instrumento Europeo para la promoción de la Democracia y los Derechos Humanos
Ref.: EuropeAid/131-946/L/ACT/BR
SHIS QI 07 – Bloco A – Lago Sul
CEP: 71615-205 Brasília – DF

Comentarios

As dúbidas sobre a presente convocatoria poden remitirse á seguinte dirección: delegation-brazil-ieddh@eeas.europa.eu

En un primer momento sólo deberán presentarse los documentos de síntesis, posteriormente las solicitudes que resulten seleccionadas deberán presentar una propuesta completa.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante