Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Instrumento Europeo para a Democracia e os Dereitos Humanos. Accións en Palestina

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA A PROMOCIÓN DA DEMOCRACIA E OS DEREITOS HUMANOS NO MUNDO (EIDHR)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral do Instrumento é contribuir ao desenvolvemento e á consolidación da democracia, ao respecto dos dereitos fundamentais e as liberdades públicas, no marco da política comunitaria de cooperación ao desenvolvemento, e á cooperación financeira, económica e técnica con terceiros países.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos desta Convocatoria de propostas son:

  • Promover o imperio da ley, controlar e incrementar o coñecemento das institucións públicas.
  • Avanzar nos dereitos dos grupos máis vulnerables.
  • Fortalecer a liberdade de asociación.
  • Fortalecer la liberdade de expresión.

Destinatarios

Entidades legais sen ánimo de lucro que sexan organizacións da sociedade civil. Os solicitantes deben ser nacionais dun Estado membro ou dos Territorios Ocupados-Palestina.

Socios

As organizacións palestinas poderán presentarse soas ou con organizacións asociadas, non obstante, as organizacións europeas deberán presentarse conxuntamente cun socio local.

Financiamento

As subvencións outorgadas baixo esta convocatoria oscilarán entre os 100.000 euros e os 300.000 euros. Ademáis as subvencións concedidas estarán entre a porcentaxe mínima do 60% e a máxima do 95%.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da presente convocatoria de propostas ascende a 1.540.000 euros.

Duración do proxecto

A duración estimada da acción non poderá ser inferior a 12 meses nen superior a 36 meses.

Data de publicación

19/07/2011

Data límite de solicitude

05/09/2011

Documentación

Contacto

Mr. Christian Berger
Head of Representation
European Union Representative Office (West Bank, Gaza Strip, UNRW)
P.O. Box 22207
Mount of Olives
Jerusalem

Mr. Christian Berger
Head of Representation
Al-Mashtal Hotel, 1st Floor
Salah Khalaf Street, Gaza City
Gaza Strip

Comentarios

Pode consultar as dúbidas na seguinte dirección de correo: DELEGATION-WEST-BANK-GAZA-CBSS@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante