Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Instrumento Europeo para a Democracia e os Dereitos Humanos. México 2011

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA A PROMOCIÓN DA DEMOCRACIA E OS DEREITOS HUMANOS NO MUNDO (EIDHR)

Obxectivo xeral

Os obxectivos principais do Instrumento Europeo para a Democracia e os Dereitos Humanos son:

- Reforzar o respecto dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais nos países e as rexións onde ven ameazados.

- Reforzar o papel da sociedade civil na promoción dos dereitos humanos e das reformas democráticas, no fomento da conciliación pacífica dos intereses de diferentes grupos e na ampliación da participación e a representación políticas.

- Apoiar as accións en favor dos dereitos humanos e a democracia nos ámbitos cubertos polas orientacións comunitarias, especialmente polo que se refire aos diálogos sobre os dereitos humanos, os defensores dos dereitos humanos, a pena de morte, a tortura e a participación de menores nos conflitos armados.

- Apoiar e consolidar os marcos internacional e rexional para a protección dos dereitos humanos, a xustiza, o Estado de Dereito e a promoción da democracia.

- Afianzar a confianza nos procesos electorais democráticos e aumentar a fiabilidade e transparencia dos mesmos, en particular a través de misións de observación electoral.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos desta Convocatoria de Propostas son:

- Facer fincapé en políticas públicas para a creación e implementación de mecanismos e protocolos de protección de defensores de Dereitos Humanos e xornalistas, a nivel nacional e
estatal.

- Facer fincapé en políticas públicas relacionadas cos dereitos humanos dos migrantes, dos pobos indíxenas e a erradicación da violencia contra a muller, a nivel nacional, estatal e/ou local.

Eidos de actuación

  • Fortalecemento de capacidades de organizacións da sociedade civil a nivel estatal ou local que traballan nos sectores mencionados nos obxectivos específicos.
  • Levar a cabo transferencia de coñecementos a organizacións a nivel estatal ou local.
  • Conformación de redes.
  • Articulación do traballo da sociedade civil coas autoridades a nivel federal, estatal e/ou local.

Destinatarios

Persoas xurídicas sen ánimo de lucro que pertenzan a unha das categorías seguintes: organización non gobernamental, universidade pública ou privada.
Os solicitantes deberán ademais ser nacionais mexicanos ou dun dos Estados membros da Unión Europea.

Socios

Cada solicitante debe contar polo menos cunha organización socia en cada un dos estados onde a acción se desenvolva.

Financiamento

As subvencións solicitadas dentro desta Convocatoria de Propostas estarán comprendidas entre a porcentaxe mínima do 50% e o máximo do 90%. Ademais a cantidade subvencionada oscilará entre os 100.000 e os 800.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

A cantidade indicativa global asignada á presente Convocatoria de Propostas ascende a 600.000 euros.

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción non poderá ser inferior a 12 meses nen superior a 18 meses.

Data de publicación

04/07/2011

Data límite de solicitude

05/09/2011

Documentación

Contacto

Delegación de la Comisión Europea en México
Paseo de la Reforma 1675
Colonia Lomas de Chapultepec
Delegación Miguel Hidalgo
CP 11001, México, D. F.

Comentarios

O rexistro é obrigatorio para tódolos solicitantes e os seus socios.

Poderán remitirse preguntas por e-mail á seguinte dirección: DELEGATION-MEXICO-IEDDH@eeas.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante