Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Reforzar o respeto dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais onde están máis ameazados e apoio aos Defensores dos Dereitos Humanos

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA A PROMOCIÓN DA DEMOCRACIA E OS DEREITOS HUMANOS NO MUNDO (EIDHR)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral desta convocatoria de propostas é mellorar o respecto dos dereitos humanos e as liberdades nos países e situacións nas que están en maior risco e onde os defensores de dereitos humanos e organizacións da sociedade civil traballan baixo severas restricións.

Obxectivo específico da convocatoria

O obxectivo específico é proporcionar apoio directo e protección aos defensores de dereitos humanos e reforzar as súas capacidades para facer o seu traballo a curto e medio prazo, así como proporcionar medios de acción á sociedade civil local na promoción dos dereitos humanos e as liberdades fundamentais nalgunhas das situacións máis difíciles.

Eidos de actuación

Algunhas das accións que levarán a cabo baixo esta convocatoria serán:

  • Actividades para incrementar a capacidade de organización no eido dos dereitos humanos
  • Apoio financeiro, material e técnico para asegurar a viabilidade destas organizacións
  • Provisión de asistencia médica e psicolóxica
  • Control e investigación a través de misións solidarias
  • Asistencia e consolidación das capacidades dos defensores de dereitos humanos que se atopan fóra dos seus países

Destinatarios

Persoas físicas, entidades sen personalidade legal ou persoas legais que non teñan ánimo de lucro e que pertenzan a unha das categorías que se recollen na Convocatoria.

Socios

Recoméndase a asociación con organizacións da sociedade civil (formais ou informais) dos países onde se vai a desenvolver a acción a efectos de acadar os obxectivos previstos. De feito, as accións deben ser levadas a cabo nos países destinatarios.

Financiamento

Baixo esta convocatoria financiarase ata un total do 80% dos custos elexibles da acción. A cantidade subvencionada estará entre os 150.000 euros e os 2.000.000 de euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total desta Convocatoria de propostas ascende a 15.700.000 euros.

Duración do proxecto

A duración prevista de cada acción non poderá ser inferior a 24 meses nen superior a 36 meses.

Data de publicación

15/06/2011

Data límite de solicitude

01/08/2011

Documentación

Contacto

Os Documentos de Síntese deben ser presentados na seguinte dirección: EuropeAid-EIDHR131086@ec.europa.eu

Comentarios

Trátase dunha Convocatoria de propostas restrinxida polo que nun primeiro momento só será preciso presentar os Documentos de Síntese.

Siedesexa máis información sobre esta convocatoria pode consultala en EuropeAid-GlobalCalls@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante