Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Consolidar o papel das redes da sociedade civil na promoción dos dereitos humanos e das reformas democráticas

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA A PROMOCIÓN DA DEMOCRACIA E OS DEREITOS HUMANOS NO MUNDO (EIDHR)

Obxectivo xeral

Esta Convocatoria de Propostas consta de dous lotes diferenciados:

  • O Lote 1 ”Consolidar o papel das redes da sociedade civil na promoción dos dereitos humanos e das reformas democráticas” ten como obxectivo principal o fortalecemento das accións de xestión dos conflitos transnacionais, mediación e diálogo e/ou fortalecemento da sociedade civil e a súa interacción cos mecanismos rexionais e globais dos dereitos humanos.
  • O Lote 2 ”Apoio ás Accións no ámbito das Liñas Directrices da UE sobre a Pena de morte” que proporciona o marco xeral para a asistencia do EIDHR nesta área, así como a política da UE cara terceiros países.

Obxectivo específico da convocatoria

  • O obxectivo específico do lote 1 será o de axudar ás redes da sociedade civil en países fóra da UE, onde estas organizacións se benefician dun espazo relativamente aberto para operar a través de accións transnacionais (rexionais e globais).
  • O obxectivo específico do lote 2 serán principalmente apoiar as actividades co obxectivo de restrinxir o número de delitos polos que se pode impor a pena de morte e insistir na aplicación das normas mínimas cando a execución leva a cabo, con vistas á progresiva eliminación da pena de morte.

Eidos de actuación

  • No lote 1 levarán a cabo actividades tales como aumentar a capacidade de construción de organizacións da sociedade civil e redes, iniciativas de diálogo, organización de forums de discusión, actividades de formación e educación sobre a análise de situación, proporcionar apoio á actividade da ONG, así como promover a liberdade de asociación e a independencia xudicial.
  • No lote 2 levarán a cabo actividades tales como a provisión de axuda e asistencia legal aos condenados, apoio á reforma constitucional para abolir a pena de morte, así como control aos supostos de aplicación desta pena.

Destinatarios

Persoas legais sen ánimo de lucro que pertenzan a unha das categorías que se recollen na Convocatoria (organizacións civís, axencias do sector público, orgnizaciones inter-gobernamentais...).

Socios

As accións do Lote 1 deben levarse a cabo polo menos en dous países non pertencentes á Unión Europea e será obrigatorio que un dos socios sexa do país en que se vai a levar a cabo a acción. Ademais será obrigatoria a asociación con organizacións locais.

As accións do lote 2 poderánse levar a cabo individualmente ou con organizacións asociadas.

Financiamento

A cantidade financiada estará limitada ao 80% dos custos elexibles da acción. Ademais a cantidade a financiar deberá oscilar entre a cantidade mínima de financiamento (200.000 euros) e a cantidade máxima (1.5000.000 euros).

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total ascende a 21.600.000 euros. Un total de 14.600.000 euros irá destinado ás accións do Lote 1 e os 7.000.000 de euros restantes adicaranse a accións do Lote 2.

Duración do proxecto

A duración prevista non pode ser inferior a 18 meses nen superior a 36 meses.

Data de publicación

15/06/2011

Data límite de solicitude

01/08/2011

Documentación

Contacto

Os Documentos de Síntese deberán ser enviados á seguinte dirección: EuropeAid-EIDHR131085@ec.europa.eu

Comentarios

Trátase dunha convocatoria restrinxida polo que nun primeiro momento só se entregarán os Documentos de Síntese.

Poderán formularse dúbidas a través da seguinte dirección: EuropeAid-Globalcalls@ec.europa.eu

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante