Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Esquema de apoio con base en países (CBSS). Accións en Paraguai

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA A PROMOCIÓN DA DEMOCRACIA E OS DEREITOS HUMANOS NO MUNDO (EIDHR)

Obxectivo xeral

O obxectivo desta convocatoria é reforzar o papel da sociedade civil na promoción dos dereitos humanos e das reformas democráticas, no fomento da conciliación pacífica dos intereses de diferentes grupos e na ampliación da participación e a representación política.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos serán os seguintes:

- Establecer axendas comúns no tema dos dereitos humanos e a reforma democrática
- Construír consensos en temas/políticas en controversia e/ou disputa
- Reforzar a representación e participación política
- Reforzar as accións de inclusión e pluralismo da sociedade civil
- Apoiar a implementación das políticas da Unión Europea en temas de Dereitos Humanos a nivel local.

Eidos de actuación

As prioridades desta Convocatoria son:

- Promoción e protección dos dereitos dos maiores
- Contribuír á sensibilización da poboación, en xeral, e dos grupos vulnerables ao interior do país sobre os dereitos humanos para que sexan protagonistas na promoción dos seus dereitos.

Destinatarios

Persoas xurídicas sen ánimo de lucro que sexan organizacións non gobernamentais, entidades de ensino superior, organizacións da sociedade civil ou fundacións.
Ademais, deben ter a nacionalidade de Paraguai, dun dos Estados membros da UE, en proceso de adhesión ou países candidatos oficialmente recoñecidos pola UE, ou un dos países membros da Área Económica Europea.

Socios

Os solicitantes poderán actuar individualmente ou con organizacións asociadas.
Para as propostas presentadas por solicitantes europeos ou de nacionalidade distinta á paraguaia é obrigatoria a asociación de mínimo un socio de nacionalidade paraguaia.

Financiamento

As subvencións solicitadas dentro desta Convocatoria de Propostas estarán comprendidas entre o mínimo de 70.000 euros e o máximo de 250.000 euros.
Así mesmo estarán comprendidas entre a porcentaxe mínima do 60% e o máximo do 95% do custo de gastos elexibles da acción.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento desta Convocatoria ascende a 600.000 euros

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción non poderá ser inferior a 24 meses nin superior a 36 meses

Data de publicación

08/06/2011

Data límite de solicitude

26/07/2011

Documentación

Contacto

Delegación de la Unión Europea en Paraguay
Calle América Nº 404
Asunción
Paraguay

Comentarios

As solicitudes deberán presentarse en español
É obrigatorio o rexistro previo en PADOR
Pode solicitar información adicional a través do seguinte correo: DELEGATION-PARAGUAY@EEAS.EUROPA.EU

A presente Convocatoria de Propostas é restrinxida. Nun primeiro momento só poderán presentarse os Documentos de Síntese para a súa avaliación. Posteriormente, os solicitantes cuxos Documentos de Síntese fosen preseleccionados serán convidados a presentar unha Solicitude Completa.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante