Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Instrumento Europeo para a promoción da democracia e dos dereitos humanos. Accións en Panamá

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA A PROMOCIÓN DA DEMOCRACIA E OS DEREITOS HUMANOS NO MUNDO (EIDHR)

Obxectivo xeral

O obxectivo global desta convocatoria de propostas é apoiar á sociedade civil no desenvolvemento dos dereitos humanos (políticos, civis, económicos, sociais e culturais) e da democratización.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos desta convocatoria de propostas son:
- Práctica de axendas comúns sobre os dereitos humanos e a reforma democrática
- Construción de consensos sobre temas controvertidos e polémicos da política
- Aumento da representación e participación política
- Iniciativas para elevar a inclusión e pluralización da sociedade civil

Destinatarios

Persoa xurídica ou entidade sen personalidade xurídica que pertenza a unha das organizacións recollidas na Convocatoria e que teña a nacionalidade dun dos Estados membros da UE ou de Panamá.

Socios

Os solicitantes poderán actuar individualmente ou con organizacións asociadas, conforme ao seguinte:
- Os solicitantes de nacionalidade panameña poderán actuar individualmente ou con organizacións asociadas.

- Para accións presentadas por actores europeos, será obrigatoria a asociación cun actor local (socio) e os proxectos responderán a unha iniciativa do socio local en Panamá.

Financiamento

As subvencións non poderán superar o 80% do total dos custos elexibles da acción. Ademais deberán estar comprendidas entre un mínimo de 50.000 euros e un máximo de 100.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total da convocatoria ascende a 600.000 euros

Duración do proxecto

A duración prevista inicial dunha acción non poderá ser inferior a 12 meses nin superior a 24 meses.

Data de publicación

23/05/2011

Data límite de solicitude

02/08/2011

Documentación

Contacto

Oficina de la Comisión Europea en Panamá
Calle 53 Marbella, Edificio World Trade Center, Piso 14, Oficina 1406
Ciudad de Panamá, República de Panamá
Apartado 0832-0915 WTC
Sección de Cooperación

Comentarios

Poderán consultarse dúbidas a través da seguinte dirección: marta.beitia@eeas.europa.eu
En todo caso, as accións levaranse a cabo en Panamá.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante