Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Accións do IEDDH en países socios. Perú

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA A PROMOCIÓN DA DEMOCRACIA E OS DEREITOS HUMANOS NO MUNDO (EIDHR)

Obxectivo xeral

O IEDDH ten por obxecto axudar á sociedade civil a converterse nunha forza efectiva de reforma política e de defensa dos dereitos humanos en terceiros países.

Obxectivo específico da convocatoria

A presente convocatoria persegue os seguintes obxectivos específicos:
- Establecer axendas comúns no tema dos dereitos humanos e a reforma democrática
- Construir consensos en temas/políticas en controversia e/ou desputa
- Reforzar a representación e participación política
- Reforzar as accións de inclusión e pluralismo da sociedade civil
- Apoiar a implementación das políticas da Unión Europea en temas de Dereitos Humanos a nivel local.

Eidos de actuación

- Propostas con enfoque integral de defensa e promoción dos Dereitos Humanos
- Accións para combater os delitos contra os Dereitos Humanos e promover a protección dos grupos vulnerables
- Propostas que fortalecen a democracia e a transparencia, propiciando a representación/participación dos grupos máis vulnerables en diversos espazos e promovendo o diálogo coas autoridades e o sector privado a todo nivel
- Accións en defensa e promoción da libertade de expresión

Destinatarios

Persoas xurídicas ou entidades sen personalidade xurídica que non teñan ánimo de lucro e sexan organizacións da sociedade civil. Ademais, deberán ser de nacionalidade peruana ou dun Estado Membro da Unión Europea.

Socios

Os solicitantes poderán actuar individualmente ou con organizacións asociadas, nos termos que se recollen na convocatoria

Financiamento

As subvencións non poderán ser inferiores ao 50 % dos custos elexibles totais da Acción nen superiores ao 90%. Estas subvencións deberán estar comprendidas entre os 100.000 e os 300.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento da presente convocatoria ascende a 900.000 euros

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción non poderá ser inferior a 18 meses nen superior a 36 meses

Data de publicación

17/05/2011

Data límite de solicitude

04/07/2011

Documentación

Contacto

Delegación de la Unión Europea en Perú
Sección Contratos y Finanzas
Comandante Espinar 719
Miraflores, Lima-18
Perú

Para realizar consultas: delegation-peru-ddhh@eeas.europa.eu

Comentarios

Esta convocatoria de propostas é unha convocatoria restrinxida. Na primeira parte, só deberán presentarse os documentos de síntese para a súa avaliación. Tras esta avaliación, os solicitantes cuxos
documentos de síntese foran preseleccionados, recibirán unha invitación a presentar un formulario completo de solicitude. Os documentos de síntese deberán presentarse en español.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante