Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Convocatoria Sistemas de apoyo País (CBSS) en Colombia

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA A PROMOCIÓN DA DEMOCRACIA E OS DEREITOS HUMANOS NO MUNDO (EIDHR)

Obxectivo xeral

Fortalecer o papel da sociedade civil na promoción dos dereitos humanos, o fomento da conciliación pacífica dos intereses dos distintos grupos e a consolidación da participación e representación política.

Obxectivo específico da convocatoria

No caso de Colombia os obxectivos específicos serán fomentar a promoción, protección, garantía e efectivo desfrute dos dereitos humanos mediante o apoio a diálogos e accións conxuntas con institucións públicas e de goberno do nivel central a fin de tender pontes sobre as divisións sociais que reúnan a unha ampla gama de
interlocutores para fortalecer a cultura democrática.

Eidos de actuación

- Educación, formación e sensibilización en materia de dereitos humanos para a cidadanía activa e a cultura democrática.
- Loita contra a impunidade e fortalecemento do estado de dereito contribuíndo á implementación das observacións finais do Comité do Pacto Internacional de Dereitos Civis e Políticos ao Estado Colombiano (PIDCP).

Destinatarios

Persoas xurídicas sen ánimo de lucro que sexan organizacións da sociedade civil de Colombia ou dun Estado membro da UE (tamén posible se son candidatos).
Debe ser responsable directo da acción e ter sido rexistrado polo menos 3 anos antes.

Socios

Os solicitantes deberán actuar con organizacións asociadas, nos términos que se recolle na convocatoria

Financiamento

As subvencións non poderán ser inferiores ao 60% dos custos elexibles totais da acción.
As cantidades oscilarán entre o mínimo de 200.000 euros e o máximo de 250.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total ascende a 900 000 euros

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción non poderá ser inferior a 18 meses nin superior a 30 meses.

Data de publicación

16/05/2011

Data límite de solicitude

16/08/2011

Documentación

Contacto

Delegación de la Unión Europea para Colombia y Ecuador
Calle 116 # 7 – 15, Interior 2, Piso 12º,
Edificio CUSEZAR
Bogotá - Colombia

Comentarios

As accións executaranse a nivel Nacional e poderán ter algunhas fases territoriais compatibles có tipo de proxecto. Non serán elexibles actividades a desenvolver en terceiros países (distintos a Colombia).
O rexistro previo en PADOR é obrigatorio para a presente convocatoria de propostas.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante