Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Fortalecemento do papel da sociedade civil en Costa Rica

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA A PROMOCIÓN DA DEMOCRACIA E OS DEREITOS HUMANOS NO MUNDO (EIDHR)

Obxectivo xeral

O obxectivo global desta convocatoria de propostas é apoiar á sociedade civil no desenvolvemento dos dereitos humanos (políticos, civís, económicos, sociais e culturais) e da democratización.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos desta convocatoria de propostas son:

- Apoiar iniciativas de promoción da resolución alternativa de conflitos, ou da rehabilitación e reinserción de exprivados de liberdade.
- Iniciativas que aumenten a inclusión e pluralización da sociedade civil.
- Apoiar iniciativas conxuntas de promoción dos dereitos humanos, especialmente en temas de mellora no acceso á xustiza, a servizos básicos, a ambientes laborais, e á información pública para a poboación inmigrante.

Eidos de actuación

- Actividades para fortalecer plataformas existentes da sociedade civil, redes e coalicións, incluíndo a construción de mecanismos para o intercambio de información
- Actividades desenvolvidas conxuntamente con institucións públicas e corpos parlamentarios
- Actividades para a institucionalización de mecanismos de consulta entre a sociedade civil e institucións públicas nacionais ou locais
- Recompilación de datos e investigación legal
- Actividades de supervisión e monitoreo
- Campañas legais
- Aumento de conciencia e actividades de comunicación pública
- Actividades en prol da mediación e resolución de conflitos
- Actividades en prol do desenvolvemento de capacidades para a mobilización de grupos infrarrepresentados.

Destinatarios

Organizacións sen fin de lucro que sexan organizacións da sociedade civil, axencias, institucións ou redes do sector público a nivel local.

Socios

Os solicitantes poderán actuar individualmente ou con organizacións asociadas conforme ao disposto na convocatoria. Para accións presentadas por actores europeos, será obrigatoria a asociación con un actor local (socio) e os proxectos responderán a unha iniciativa que xurda do socio local en Costa Rica.

Financiamento

As subvencións non poderán superar o 80% do total dos custos elexibles da acción e oscilarán entre un mínimo de 50.000 euros e un máximo de 100.000 euros.

Orzamento total da convocatoria

O orzamento total ascende a 600.000 euros

Duración do proxecto

A duración prevista inicial dunha acción non poderá ser inferior a 12 meses nin superior a 24 meses.

Data de publicación

05/05/2011

Data límite de solicitude

29/05/2011

Documentación

Contacto

Delegación de la Comisión Europea en Costa Rica
Atención: IEDDH 2010
Apdo. 836-1007, Centro Colón
San José, Costa Rica

Comentarios

As solicitudes deberán presentarse en español.

Pode solicitar información adicional na seguinte dirección: florian.luetticken@eeas.europa.eu

Esta convocatoria é unha convocatoria de propostas aberta na que tódolos documentos (documento de síntese e proposta completa) se presentan nunha mesma fase.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante