Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

Convocatoria

Instrumento de estabilidade. Accións en Bolivia

Programa

INSTRUMENTO FINANCEIRO PARA A PROMOCIÓN DA DEMOCRACIA E OS DEREITOS HUMANOS NO MUNDO (EIDHR)

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral é o fortalecemento das capacidades dos actores relevantes na construción de consensos de paz.

Obxectivo específico da convocatoria

Os obxectivos específicos desta convocatoria serán:

- Fortalecer a capacidade institucional e operacional de actores non estatais que desenvolven actividades no ámbito da construción de paz a través da mediación e do diálogo.

- Apoiar a conciliación pacífica de grupos de intereses a través da construción de consensos en temas socio-económicos.

Eidos de actuación

A presente Convocatoria está dividida en dous lotes, xuntando así a dous instrumentos estreitamente ligados entre si: por unha banda o Peace-building Partnership (PbP) (Partenariado para a Construción de Paz), parte do Instrumento de Estabilidade, e doutra banda o Instrumento Europeo para a Democracia e os Dereitos Humanos (IEDDH).
O primeiro lote está dirixido cara á construción de paz a través do fortalecemento de capacidades de actores non estatais traballando nesta área. O instrumento pretende fortalecer a aquelas capacidades en varios niveis: capacidades institucionais e operacionales; capacidades de traballo en rede, en particular con organizacións e redes rexionais e/ou internacionais de carácter non gobernamental; fortalecemento das relacións entre actores non estatais activos na temática de construción de paz e institucións da UE.
O segundo lote está dirixido a apoiar medidas encamiñadas a facilitar a conciliación pacífica de grupos de intereses, é dicir á construción de consensos no contexto específico da realidade do país e en particular no ámbito socio-económico.

Destinatarios

Persoas xurídicas sen ánimo de lucro que sexan actores non estatais, incluíndo organizacións e redes rexionais, sub-rexionais e internacionais de carácter non Gobernamental, especializadas nas áreas da presente convocatoria.

Socios

Os solicitantes poderán actuar individualmente ou con organizacións asociadas. Os socios deberán reunir os requisitos de elexibilidade aplicables ao beneficiario mesmo.

Financiamento

As subvencións outorgadas dentro desta Convocatoria de Propostas estarán comprendidas entre o 50% e o 80% do custo de gastos elexibles da acción para ámbolos dous lotes.

Orzamento total da convocatoria

A cantidade indicativa global asignada á presente Convocatoria de Propostas ascende a 1.300.000 euros

Duración do proxecto

A duración prevista dunha acción non poderá ser inferior a 24 meses nen superior a 36 meses

Data de publicación

24/04/2011

Data límite de solicitude

25/07/2011

Documentación

Contacto

Delegación de la Unión Europea
Calle 15 N° 406, Esquina Av. Hernando Siles
Obrajes
La Paz
BOLIVIA

Comentarios

É unha Convocatoria de Propostas aberta, na que se presentan todos os documentos nunha etapa (Documento de Síntese e proposta completa). Con todo, nun primeiro momento só se avaliaran os Documentos de Síntese. Posteriormente, efectuarase a avaliación da proposta completa daqueles solicitantes cuxos documentos de síntese fosen pre-seleccionados.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante